Websdinámicas: Drupal administradores
7.3 Páxinas de administración de módulo Estatísticas (Statistics)
Ruta: Administrar-> (pestana) por Módulo->Statistics1.- Configurar permisos
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de Acceso
Unha vez activado o módulo é necesario como sempre ir administrar os permisos do módulo que son:
-
Ver o contador de accesos ao envío
-
Acceder ás estatísticas
É suficiente con que estas opcións estean activadas para o administrador.
2.- Configuración dos rexistros de acceso.
xa explicado anteriormente (vexa o contido neste mesmo curso: http://www.edu.xunta.es/platega/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=33536)
3.- Máximos visitantes (ou visitantes máis activos)
mostra cales son os visitantes máis activos da web permitindo incluso excluír a aqueles aos que o administrador considere abusivos.
4.- Páxinas máis vistas
Mostra as páxinas [1] nunha lista ordenadas polo número de vistas ou accesos á mesma realizados "recentemente" (segundo o tempo que teñamos establecido na configuración do módulo). Mostra tamén a media de tempo de xeración de cada páxina (en milisegundos) así como o tempo total de xeración da mesma.
5.- Referentes principais
mostra desde onde chegaron os visitantes (URL de referencia).
6.- Visionadas Recentemente
mostra información sobre as últimas actividades do sitio web, incluíndo a data e hora da visualización, a URL e o título da páxina que foi visitada, o nome do usuario (se está dispoñible) e o enderezo IP do visitante.
7.- Bloque de Contido Popular
O módulo inclúe por defecto un bloque de contido popular que mostra as páxinas máis visitadas hoxe, as máis visitadas sempre e o último contido visto.
Para utilizar o bloque hai que activalo previamente na páxina de administracións de bloques
Ruta: Administrar > Construción da páxina > Bloques
Inicialmente veremos o bloque Contido popular na zona de bloques desactivados, o único que temos que facer é indicar a zona onde queremos que se amose (por exemplo na columna da dereita) e poñer un peso.
Unha vez activado pode configurarse como o resto dos bloques para establecer o título, a descricións, se é ou non colapsable, os usuarios que poden visualizalo (lembrar non marcar ningún para que por defecto o vexan todos os roles).
O aspecto pode apreciarse na seguinte imaxe.
[1] As páxinas máis vistas NON se refiren aos tipos de contido páxina senón as páxinas propiamente ditas do sitio (a páxina de administración, a de configuración dun módulo etc.)