Websdinámicas: Drupal administradores

6.4 Principais erros de "acceso denegado"

Acceso denegadoNeste informe aparecen aqueles nodos ou rutas de páxinas ás cales algún usuario quixo acceder pero, debido aos permisos establecidos, non se lle concedeu a entrada ou non se permitiu o visionado do contido.

Se hai moitas solicitudes deste estilo significa que temos a parte da audiencia desexando acceder a unha información que se lles nega. Debería, neste caso, valorarse a posibilidade de ofrecer esa información.