Websdinámicas: Drupal administradores
4.4.6 Localización
Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Localización
Drupal proporciona un módulo específico que nos permitirá a tradución da súa interface de texto en distintos idiomas.
Por defecto vén configurado en galego.
Configuración das cadeas de tradución
Pódese buscar as cadeas traducidas e non traducidas, e o texto predefinido en inglés que proporciona Drupal introducindo as equivalencias correspondentes nos idiomas desexados (galego e castelán)
Modificación de cadeas de texto
Algúns módulos de Drupal ofrecen campos onde editar directamente as cadeas de texto, pero non sempre é así e na maioría dos casos teremos que empregar o módulo Localización para a edición, corección ou traducción de cadeas de texto.
A) Modificación dunha cadea de texcto empregando o módulo Localización
Como exemplo ilustrativo veremos como modificar a expresión "Leer máis" e substituila pola expresión correcta "Ler máis". Dita expresión pode verse ao pé dos contidos cando está activo o módulo paging.
1. Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Localización > Administrar cadeas
2. Inserimos o texto a buscar, neste caso "Leer máis", na caixa de textos a buscar (sen as comiñas) e prememos en "Buscar".
Se existen resultados coincidentes aparecerán na pantalla e premendo en editar poderemos modificalos para cada un dos idiomas activos.
Neste caso aparecerá o texto "Leer máis" coa falta de ortografía.
Deberemos modificalo por "Ler máis" e premer en "Gardar as traduccións"
B) Modificación dunha cadea de texto dende o propio módulo
Como exemplo imos modificar a descrición do tipo de contido Páxina. Esta descrición visualízase cando os usuarios teñen que elexir o tipo de contido que queren crear e neste sentido é unha axuda á hora de elixir o máis axeitado.Tamén podemos aproveitar esta descrición para darlle consellos sobre a creación deste tipo de contido ou anticiparnos a erros que por norma xeral observemos que se cometen.
Para modificar esta descrición imos a "Administrar > Administración do contido > Tipos de Contido" en tipo "Páxina" prememos en "editar".