4.2.1 IMCE axustes
Ruta: Inicio > Administrar > Configuración da páxina > IMCE axustes
Estamos diante dun módulo moi interesante xa que permite engadir imaxes dende o procesador de textos TinyMCE sen necesidade de empregar os módulos image-assist ou image.
Este módulo engádelle unha propiedade máis á icona de imaxe no procesador (árbore verde) e ao premer nela podemos engadir unha imaxe.
|
- Nas opcións comúns como apreciamos na imaxe debe estar activo o módulo no procesador de textos (enable tinymce support). Se existe un usuario con múltiples roles sempre recibirá os permisos do rol máis alto.
|
Despois xa entramos nas propiedades asignadas a cada rol: administrador, profesorado....
|
Algunhas recomendacións para o rol administrador:
- Marcar delete files (poder borrar ficheiros), marcar cargar ficheiros e marcar limitless upload co cal conseguiremos que o rol de administrador non teña límites na subida de imaxes.
- Podemos configurar o tamaño máximo das imaxes, recomendando non superar estas cifras xa que a carga da imaxe sería lenta.
- Se marcamos Enable scaling... teremos que se unha imaxe recén subida ten dimensións que exceden o límite, reducirase en vez de dar un erro.
|
|
Algunhas recomendacións para o rol profesorado:
- Dependerá do administrador da páxina os límites que lle queira marcar aos diferentes roles.
- No resto das opcións será o administrador tamén o que teña na súa man activar ou desactivar as opcións como
- Thumbail: pode permitir a creación automática de miniaturas de imaxes de recén subido. Para desactivar deixar os campos en branco-
- Custon resizing: activar adaptación personalizada. Os usuarios serán capaces de redimensionar as imaxes para calquera tamaño ata dimensións permitidas
|