Actividade: Engadir termos ó glosario
Engadir termos ó glosario
Nesta actividade imos engadir tres novos ermos o glosario creado anteriormente.
- Entra no glosario facendo clic no seu nome na páxina principal do teu curso.
- Fai clic na etiqueta "Engadir nova entrada".
- Introduce a palabra a definir no campo 'Concepto'.
- Se existen sinónimos que desexas engadir para a mesma entrada, engádeos ó campo 'Palabras clave'
- Se existisen categorías creadas (non é o noso caso) amosaríanse no campo 'Categorías' e só habería que facer clic no nome da escollida para que a entrada quedase englobada nela.
- Inclúe a definición do termo ou concepto. Se desexas podes adxuntar á definición un arquivo, por exemplo unha imaxe ou artigo.
- Garda os cambios.