Actividade: Crear categorías no glosario.
Requisitos do completado
Abertas: sábado, 14 de abril de 2007, 12:10 AM
Crear categorías no glosario
O profesor pode crear categorías para facilitala organización e clasificación das entradas no glosario ou como elemento didáctico. Se se seleccionou a opción de autoligazóns, o nome das categorías tamén pode ser manexada coma unha entrada individual.
Nesta actividade imos engadir tres categorías ó glosario creado con anterioridade. Para iso:
- Na páxina principal do glosario selecciona [Vista por categoría].
- Fai clic no botón [Editar categorías] na parte esquerda da pantalla.
- Fai clic no botón [Engadir categoría] na páxina que se abre.
- Dalle un nome á categoría (por exemplo concorde coa temática da túa asignatura).
- Selecciona se o nome da categoría se verá afectado pola opción de autoligazón. En caso afirmativo, calquera aparición desa palabra será ligada e cando un alumno faga clic sobre a ligazón accederá á 'Vista por categorías' do glosario.
- Repite a operación (pasos 3 a 5) para outras duas categorías.
- Garda os cambios.
Imaxe do formulario para engadir novas categorías