Actividade: Crear preguntas calculadas
Crear preguntas calculadas
Unha pregunta calculada é unha ecuación matemática con variables que toman valores a eido dun conxunto de valores xerados polo profesor. Por exemplo, se un profesor quixera xerar un gran número de problemas de multiplicacións podería crear unha ecuación con dúas variables {a} e {b}. Dese xeito cando un alumno comezara a resolve-lo cuestionario Moodle xeraría valores a eido para {a} e para {b}.
Para crear unha pregunta do tipo ‘calculadas’ hai que segue-los seguintes pasos:
1. Escoller [Calculadas] no menú [Crear unha nova pregunta].
2. Darlle á pregunta un nome descriptivo.
3. Introduci-lo enunciado reemplazando os valores por variables entre chaves ( {a}, {b}, …). Pódese engadir unha imaxe ó enunciado.
4. Engadi-la fórmula para a resposta. O profesor ten que se asegurar de usa-las mesmas variables que no enunciado para que o sistema poda face-las sustitucións oportunas.
5. Determina-la tolerancia do erro aceptado na resposta (rango de valores aceptado).
6. Se se desexa, engadir ó reforzó para o alumno.
7. Se se desexa, engadi-las unidades nas que se dará o resultado (e o factor de conversión para resultados múltiplos/divisores do dado).
8. Garda-los cambios.
9. Na seguinte pantalla escoller se se desexa toma-los valores das variables dun conxunto propio ou doutro común para tódalas categorías.
10. Na seguinte pantalla xera-lo conxunto de variables e garda-los cambios.