Actividade: Xestionar categorías de preguntas
Xestionar categorías de preguntas
A xestión de categorías de preguntas abrangue a creación de novas categorías e a edición das existentes. Nesta actividade imos crear unha nova categoría de preguntas dentro no noso popio curso.
Para iso segue os seguintes procedementos:
1. Fai clic en [Preguntas] no bloque Administración do teu curso.
2. Na pantalla que se abre, fai clic na solapa [Categorías] ou no botón [Editar Categorías].
3. No formulario Engadir Categoría, enche os campos Categoría e Información de categoría seguindo o modelo da seguinte imaxe, logo fai clic no botón [Engadir].
Xa está creada a nova categoría. Terás observado que, no formulario "Engadir categoría", ademáos dos campos categoría (nome da categoría) e Información de categoría (unha breve descripción da mesma), hai outros dous campos. O primeiro deles, 'Padre', permite coloca-la categoría como unha subcategoría doutra. Se non hai máis categorías situarase directamente 'arriba'. O outro campo, 'publicar', permite que a categoría esté dispoñible ou non para o resto dos cursos.
O formulario 'Editar Categorías', situado debaixo de 'Engadir categoría', permite cambialos atributos de cada categoría das existentes facendo clic no seu nome.