Documentación das aulas virtuais (Moodle 3.x)
Course: Documentación das aulas virtuais (Moodle 3.x) | AV
-
Introdución
Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.
Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.
-
Cómo acceder á aula virtual de Webs Dinámicas, cómo iniciar sesión e cómo rexistrarse.
-
Se tes correo electrónico no teu perfil da aula virtual podes restablecer o contrasinal seguindo estas instrucións.
-
Nesta páxina descríbese como configurar na web do centro un bloque cunha icona e un enlace de acceso á aula virtual.
Considerase moi recomendable que todos os centros do proxecto Webs Dinámicas configuren este bloque para que os alumnos poidan identificar claramente o acceso ás súas respectivas aulas virtuais.
-
Nesta páxina pódense consultar as actualizacións e novas características do software Moodle co que se implementan as aulas virtuais do proxecto Webs Dinámicas.
-
-
Aspecto e personalización da aula virtual
-
Xestión de usuarios
-
Configuración e activación ou desactivación do autorexistro de usuarios con autenticación de correo electrónico e formulario con CAPTCHA
-
Configuración a facer na aula virtual para que o profesorado dun centro poda crear os seus propios cursos sen depender así de que os cree un administrador.
-
Cómo bloquear certos campos do perfil dos usuarios co fin de que o alumnado non poda alteralos e así agachar a súa identidade.
-
Procedemento para que un usuario Administrador do sitio conceda aos profesores/as do centro o permiso para incluir nas copias de seguridade dos cursos os datos relativos á participación dos usuarios.
-
Procedemento para dar de baixa da aula virtual aquel alumnado que abandona o centro e que foi dado de alta no seu día mediante a carga do informe AL955 do XADE.
-
Cómo obter desde o XADE o ficheiro CSV cos datos do alumnado para dalos de alta ou actualizalos na aula virtual do centro. Indicación para revisar e preparar este ficheiro antes da súa carga na aula virtual.
-
Procedemento para dar de alta o novo alumnado do centro e actualizar o que permanece ao comezo dun novo curso escolar.
-
Cómo facer a matriculación do alumnado nun curso mediante o sistema de matriculación manual.
-
Cómo crear un usuario para o inspector ou inspectora do centro e darlle permisos de acceso.
-
Cómo poñer de xeito masivo a conta nonresponder@edu.xunta.gal a un conxunto de usuarios que teñan contas de correo inválidas.
-
-
Xestión de categorías e cursos
-
Cómo crear e ordenar as categorías nas que se clasifican os cursos
-
Un curso en Moodle agrupa os contidos dunha materia para un nivel educativo ou para un grupo-aula, e da acceso ao alumnado a eses contidos.
-
Descrición do procedemento para a creación de copias de seguridade dos cursos.
-
Descrición do funcionamento da ferramenta administrativa "Borrado de ficheiros de copia de seguridade" para o borrado automático dos ficheiros de copia de seguridade de cursos.
-
O restablecemento dun curso Moodle consiste na eliminación da información relativa á participación dos usuarios no mesmo e tamén permite a desmatriculación do alumnado.
-
-
Moodle Mobile
-
Videoconferencias con BigBlueButton
BigBluebutton é unha ferramenta de videoconferencia especialmente deseñada para a docencia a distancia.
Está integrada no Moodle de Webs Dinámicas facilitando o acceso ás reunións ao alumnado matriculado nun curso sen precisar de ningunha ligazón nin contrasinal externo.
-
Mensaxería
Nesta sección tratamos algúns aspectos sobre o sistema de mensaxería de Moodle.
-
Nesta páxina describimos quen pode enviar mensaxes e a que usuarios segundo distintas opcións da configuración da mensaxería de Moodle.
-
Nesta páxina descríbense algunhas posibilidades para restrinxir o uso da mensaxería na aula virtual.
-
-
Reserva de aulas e recursos - Bloque MRBS
-
Outras configuracións
Nesta sección descríbense algunhas configuracións de utilidade.
-
Na actualidade o cron de Moodle estase a iniciar 7 veces ao día: 8:00, 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00 e 20:00.
Na actualidade o cron de Moodle estase a iniciar nas horas en punto entre as 8:00 e as 20:00 (13 veces ao día): 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00.
-
Nesta páxina descríbese cómo evitar o envío das notificacións do sistema de analítica do Moodle.
-
-
Formularios en Moodle
Podemos crear formularios de diversos xeitos cada un con distintas características:
- Co módulo local "Contact"
- Para usuarios anónimos ou autenticados.
- Creación directa do código HTML coa axuda do filtro FilterCodes (pendente de instalar)
- Non almacena a información enviada senón que simplemente a envía por correo.
- Pode crearse nun bloque HTML, nunha etiqueta ou nunha páxina.
- Co módulo de actividade "Feedback" (Actividade de tipo Comentario)
- Para usuarios anónimos ou autenticados.
- Creación gráfica.
- Almacena a información e permite descargala en varios formatos (csv,xlsx,pdf...).
- En teoría envía correo de notificación pero nas probas que fixen non o enviou. Teño que probar máis.
- Un mesmo formulario pódese enlazar desde o bloque Comentarios de varios cursos.
- Co módulo de actividade "Questionnaire" (Actividade de tipo Cuestionario)
- So para usuarios autenticados.
- Co módulo de actividade "Quiz" (Actividade de tipo Proba)
- So para usuarios autenticados.