Moodle 2.6 - Documentación para o profesorado editor de cursos
Topic outline
-
Neste curso agrupamos a documentación sobre Moodle versión 2.6 para o profesorado editor de cursos para o seu uso na aula. Así trataranse aspectos introductorios a esta versión de Moodle, a xestión dos cursos, a creación de distintos tipos de recursos e actividades, etc.
-
Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.
Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.
-
Neste tema aprenderemos a modificar, configurar e xestionar íntegramente un curso.
A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa apariencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.
-
O profesor dun curso de Moodle ten a opción de incluír todo tipo de materiais e recursos para os seus alumnos.
Veremos agora cómo podemos insertar estes materiais no noso curso e aprenderemos a xestionar e configurar os distintos tipos de recursos dispoñibles. -
As actividades de Moodle son todos aqueles elementos sobre os que o alumno poderá traballar e interactuar.
Unha actividade, polo tanto, é un nome xenérico que Moodle utiliza para denominar un elemento interactivo sobre o que o alumno deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor.