Drupal 6 - Documentación para o administrador
Diagrama de temas
-
DRUPAL 6: Administración da web do Centro
Acceso á páxina oficial do proxecto Webs Dinámicas
Neste curso poñerase á disposición dos centros educativos a nova documentación para o administrador no Centro de Drupal 6 segundo estea dispoñible.
Para os aspectos que non estean aquí documentados seguirá sendo a referencia o curso editado no ano 2011.
Os centros sempre poden contar co asesoramento do seu asesor Abalar de zona.No último bloque do curso están os ficheiros ELP de exeLearning fontes dos contidos deste curso, e tamén as versións PDF dos mesmos.-
Accede ao enlace, e atoparas como cambiar o logotipo ao final da sección "Temas ou plantillas".
-
Como adminstradores da web podedes modificar o tamaño máximo para os ficheiros adxuntos aos contidos e tamén a cuota de disco por usuario.
-
Como adminstradores da web podedes modificar o tamaño máximo para os ficheiros persoais e tamén a cuota de disco por usuario e por directorio. Os ficheiros persoais son so que se suben desde o editor do corpo dos contidos ou desde A miña conta > Explorador de ficheiros.
-
Drupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.
Entre algunha das súas características principais están as seguintes:- Conta cunha ampla comunidade de usuarios que o empregan e o manteñen.
- Está baseado en software libre.
- Presenta un entorno modular.
- É multiusuario, é dicir, permite acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
- Ofrece múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
- Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
- O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.
Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.
Neste bloque trataremos os diferentes tipos de contidos e a súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos.
-
A xestión de usuarios e roles e os seus permisos danos unha gran flexibilidade de configuración, de xeito que podemos limitar a visualización de determinado contido para determinados usuarios, limitar tamén a creación de contido e as zonas da páxina onde os usuarios poden crealo.
-
Nos menús de administración "Construción da páxina" é onde configuramos todo o relativo á "estrutura física" da páxina: dende a distribucións dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.
Veremos ademáis os módulos que son os responsables de dotar de funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no Centro dun proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos está restrinxida aos responsables do proxecto Webs dinámicas. -
Este conxunto de menús de administración permítennos personalizar e configurar a nosa páxina, así como acceder ás configuracións da maioría dos nóvos módulos que instalamos a maiores do propio núcleo de Drupal.
-
As "SWF Tools" ofertan a integración de © Macromedia Flash con reproductores de Vídeo, de MP3 e de visores de imaxes.
Utilizaremos as ferramentas deste módulo para integrar videos en formato Flash (FLV) e tamén ficheiros de audio.
Nas anteriores versións de Drupal (4 e 5) no proxecto Webs Dinámicas, utilizabamos o módulo Audio para a integración de ficheiros de audio, pero a partir desta versión (Drupal 6) utilizaremos as SWF Tools para este fin. O módulo Audio só foi instalado co Drupal 6 para manter a compatibilidade cos contidos existentes, pero non ten continuidade en Drupal.
-
Moitos docentes empregan de xeito cotiá blogs educativos creados con ferramentas externas e aloxados en servidores alleos ao Proxecto Webs Dinámicas, como blogspot, blogger, wordpress...
Esta práctica de uso de servizos gratuítos na web conta coas seguintes problemáticas:
- A asociación do blog a unha conta persoal dun docente.
- Problemas de privacidade de datos debido a:
- Aceptación de termos de servizo en clave persoal para uso corporativo.
- Posta a disposición de terceiros de datos privados (nosos ou do noso alumnado) sen o debido consentimento.
A continuación detállase o procedemento para crear blogs empregando Drupal 6, o cal evitará os problemas mencionados con anterioridade.
-
Configuración dun sitio multilingüe en Drupal. Tradución de contidos.
-
-
-
Documentación para a habilitación do Punto Laranxa contra o acoso escolar na web do centro (Drupal 6)
-
-
Ficheiros coas fontes deste curso.
-