Moodle por Juan Casado (CEIP A Sangriña)
Esquema de temas
-
Benvid@ a Moodle
Curso de introdución á plataforma Moodle
creado por Juan Casado
a partir das referencias listadas no tema 13 deste curso
Neste curso introdutorio á plataforma Moodle aprenderemos os procedementos básicos para a creación e xestión dun curso escolar, así como coñeceremos algunhas das actividades máis habituais coas que poderemos contar para lograr a consecución dos nosos obxectivos nun curso escolar.A continuación, disporás dunha serie de módulos que van tratando os diversos contidos dun xeito secuencial; intenta seguilos nesta orde para non perder detalle. -
Introdución a Moodle
Con este primeiro bloque do curso poderás facerte unha idea do que representa esta fantástica plataforma de aprendizaxe.
-
Xestión dun curso.
En breve comezarás a preparar un curso na túa aula virtual, aquí tes toda a información que precisas: -
Familiarizándote co entorno: os bloques
Antes de comezar a dotar de contidos o teu curso, é importante que aprendas a traballar cos elementos que se plantexan nos diversos bloques e te sintas cómodo coa interface.
Por iso, imos coñecer e traballar un pouquiño máis acerca destes elementos: -
Engadindo recursos
Agora tes un curso preparado, pero baleiro de contidos. É o momento de comezar a enchelo. Para iso,deberás ter activado o modo de edición co botón
Todos os recursos que precisas para presentar un curso aparecerán no menú desplegable "Agregar recurso...". Imos coñecer un pouco acerca deles: -
Moodle como medio de comunicación
Moodle dispón de dous medios de comunicación principais que responden a dúas necesidades diferentes. No caso das comunicacións asíncronas, nas que emisor e receptor non coinciden no tempo, os aparellos axeitados son os FOROS. Cando os implicados no proceso coinciden no tempo falamos de comunicación síncrona e precisamos facer uso dos CHATS. -
Moodle como ferramenta colaborativa: O wiki
O termo Wiki provén da palabra de orixe hawaiano "wiki wiki" que significa rápido. En termos tecnolóxicos un wiki é un software para a creación de contido de forma colaborativa de forma rápida e eficaz.
O módulo wiki de Moodle segue este mesmo principio xa que permite que os participantes dun curso poidan crear páxinas Web sobre un determinado tema sen necesidade de que teñan conoci-mientos de HTML. En definitiva, créase unha comunidade de usuarios onde cada un achega un pouco do seu coñecemento para crear documentos útiles para todos. -
Glosarios
Moodle inclúe un aparello capaz de axudar ao profesor e aos seus alumnos a desenvolver glosarios e incorporalos ao curso. A primeira vista poden se ver coma unha sinxela lista de palabras. Desde a perspectiva da práctica, pódese converter nunha potente ferramenta de aprendizaxe.
-
Tarefas
Unha tarefa é un sinxelo aparello para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor exporá un enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución a través do contorno. O módulo de tarefa permítelles ós alumnos dun xeito doado, subir documentos en calquera formato electrónico. Os documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación á que poderá engadirse un comentario que chegará de xeito persoal a cada alumno mediante o enderezo electrónico. -
Escollas
Unha escolla é unha actividade sinxela na que o profesor plantexa unha pregunta, especificando as posibles respostas que os alumnos poderán dar á mesma. Normalmente, a pregunta estará relacionada co desenvolvemento do curso e o seu resultado axudará a tomar algunha decisión.
Os resultados da escolla vense de forma intuitiva (diagrama de barras coas imaxes dos estudantes) coa información sobre quen elixiu que. O profesorado pode evitar que se vexa que opción elixiu cada estudante naquelas consultas que traten aspectos máis persoais.
-
Cuestionarios
Os cuestionarios de Moodle son un dos compoñentes máis completos do sistema. A comunidade foi engadindo gran número de opcións e aparellos ó motor do módulo cuestionario, chegando a ser moi flexible. Pódense crear cuestionarios con diferentes tipos de preguntas, xeralos de xeito aleatorio, permitir múltiples intentos ós usuarios e consultar os resultados almacenados.
-
Outras actividades de interese
JClic e Hot Potatoes baséanse nunha contorna para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia. Moodle non podía deixar de aproveitar estes recursos.
-
Administración básica dun curso
Este bloque contén as funcións propias e específicas que permiten ao profesorado configurar o seu curso e axustar os detalles de funcionamento do resto dos módulos de recursos e actividades didácticas (xestionar os usuarios e grupos, seguimento e rexistro da actividade dos estudantes, xestión dos arquivos do curso, realización de copias de seguridade, etc.). -
Recursos na rede e agradecementos
Para saber máis acerca de Moodle ou obter recursos interesantes, visita as seguintes ligazóns: