Moodle 1.9 - Documentación para o administrador
Diagrama de temas
-
MOODLE administradores: Aula Virtual
-
Moodle: Interface
Moodle é unha aplicación web que se emprega para crear e xestionar plataformas educativas. Este tipo de aplicacións denomínanse EVAE (Entorno Virtual de Ensino e Aprendizaxe) ou Aulas Virtuais.
Desde estas plataformas os centros educativos ou diferentes institucións proporcionan recursos, materiais educativos e deseñan actividades de aprendizaxe para estudantes. Ademáis Moodle permite controlar o acceso dos estudantes e profesores e tamén serve como vía de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
-
-
Moodle: Xestión de Cursos
Moodle como Entorno Virtual de Ensino e Aprendizaxe organízase en cursos. Se tiveramos que facer unha comparación co ensino presencial e tradicional, cada curso correspondería a un aula ou a unha materia.
Na web 2.0 podemos organizar os cursos de diferentes xeitos gracias á xestión de categorías. Así, desde un destes espazos podemos dinamizar o departamento de orientación, ter organizada a documentación do equipo directivo, desenvolver unha actividade específica para todo o alumnado do centro ou utilizalo do xeito máis común, como espazo virtual de apoio ao ensino presencial onde o profesorado ten a disposición dos alumnos non só contidos expositivos, senón tamén actividades para a aprendizaxe en grupo.
-
-
Moodle: Material complementario (usuarios) Recursos e Actividades