Webs Dinámicas - Drupal. Administradores nos centros educativos públicos galegos. 2011
Topic outline
-
Drupal: Administración do contido
Drupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.
Entre algunha das súas características principais están as seguintes:
- Conta cunha ampla comunidade de usuarios que o empregan e o manteñen.
- Está baseado en software libre.
- Presenta un entorno modular.
- É multiusuario, é dicir, permite acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
- Ofrece múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
- Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
- O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.
Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.
Neste bloque trataremos os diferentes tipos de contidos e a súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos. -
Drupal: Mantemento de usuarios
A xestión de usuarios e roles e os seus permisos dános unha gran flexibilidade de configuración, de xeito que podemos limitar a visualización de determinado contido para determinados usuarios, limitar tamén a creación de contido e as zonas da páxina onde os usuarios poden crealo... -
Drupal: Construción da páxina
Nos menús de administración "Construción da páxina" é onde configuramos todo o relativo á "estrutura física" da páxina: dende a distribucións dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.
Veremos ademáis os módulos que son os responsables de dotar de funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no centro dun Proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos está restrinxida aos responsables do proxecto Webs dinámicas.
-
Drupal: Configuración da páxina
Xunto con "Administración do contido", "Construcción da páxina" e "Mantemento de usuarios" este conxunto de menús de administración permítennos personalizar a configurar básica da nosa páxina, así como acceder ás configuracións da maioría dos nóvos módulos que instalamos a mariores do propio núcleo de Drupal.
-
Drupal: SWF Tools
SWF Tools oferta a integración de © Macromedia Flash con reproductores de Vídeo, de MP3 e de visores de imaxes.
Aínda que este módulo permite a integración dos formatos citados, tan só se recomenda empregar para a reproduccion de vídeos en formato FLV (Flash Vídeo), xa que tanto para o audio como para as imaxes dispoñemos doutros módulos. -
Drupal: Rexistros e Estatísticas
Divideremos este tema en dous Bloques nos que trataremos dous módulos íntimamente relacionados: Rexistros e Estatísticas