Moodle por Carlos de Paz (IES A Sardiñeira)
Esquema de temas
-
Introdución a Moodle "paso a paso"
creado por Carlos de Paz
(IES 'A Sardiñeira' - A Coruña)Neste curso procurouse dispoñe-los elementos precisos para facer a primeira aproximación a este potente sistema de xestión de cursos.
Repartido en módulos, o curso alterna lecturas e accesos a diversas fontes de información (sinaladas coa icona ) con actividades nas que levar á práctica os novos coñecementos (sinaladas coa icona ).
O seguimento faise accedendo a contidos e actividades na orde en que aparecen. Moitas veces as actividades incorporan información que non está nos contidos polo que é importante, aínda que non imprescindible, segui-lo curso de xeito secuencial.(Dependendo da versión de moodle coa que se traballe os contidos poden variar con respecto o explicado neste curso, que foi creado sobre a versión 6)
Cada estudante desenvolverá as actividades nun curso creado de seu no que actuará como profesor/titor.Hai tamén videos con titoriais na columna de boques da dereita do curso. Escolle no despregable debaixo da miniatura do vídeo e fai clic sobre ela se queres ampliala.
¡¡Aprendendo a usar Moodle non se perde tempo, é a mellor inversión posible!!
-
Primeiros pasos
Moodle é unha aplicación web á que se accede por medio dun navegador web (Mozilla, Firefox, Opera, Internet Explorer, etc). Iso significa que para utiliza-lo Moodle precisamos un ordenador cun navegador instalado e conexión á Internet. Por suposto, tamén se precisa coñece-lo enderezo web (URL) do servidor no que Moodle se atope aloxado.
-
Configuración dos cursos Moodle
Nas columnas laterais de Moodle están os Bloques. Procura, unha vez feito o ingreso na plataforma, o bloque que inclúe a lista de cursos nos que participas, ben en calidade de profesor, ben de alumno. O recoñecerás polo seu título "Categorías de cursos". Fai clic en "tódolos cursos" para abrir unha ventana na que ver as categorías, se as houbese, con tódolos cursos dispoñibles. Podes acceder a calquera deles seleccionando o seu nome. -
Creando e xestionando contidos
Unha vez creado un curso, comezará o proceso de engadir contidos ó mesmo. Como se dixo no módulo anterior, o xeito de engadir contidos pasa por activa-lo "modo edición" premendo o botón: situarnos en calquera dos módulos ou seccións do curso previamente configurado e escoller una das opcións do menú "Engadir Recurso", semellante ó da seguinte imaxe:
ou do menú "Engadir actividade", situado á dereita do menú "Engadir Recurso".
Pero antes, imos falar dos´bloques de Moodle' e a editar a introducción do curso e de cada un dos módulos/seccións que o conforman.
-
Moodle como medio de comunicación
Moodle dispón de dous medios de comunicación principais que responden a dúas necesidades diferentes. No caso das comunicacións asíncronas, nas que emisor e receptor non coinciden no tempo, o aparellos axeitados son os FOROS. Cando os implicados no proceso coinciden no tempo falamos de comunicación síncrona e precisamos facer uso dos CHATS. -
Cuestionarios
Os cuestionarios de moodle son un dos compoñentes máis completos do sistema. A comunidade foi engadindo gran número de opcións e aparellos ó motor do módulo cuestionario, chegando a ser moi flexible. Pódense crear cuestionarios con diferentes tipos de preguntas, xeralos de xeito aleatorio, permitir múltiples intentos ós usuarios e consultar os resultados almaceados. -
Tarefas
Unha tarefa é un sinxelo aparello para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor prantexará un enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución a través do contorno. O módulo de tarefa permítelles ós alumnos dun xeito doado, subir documentos en calquera formato electrónico. Os documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación á que poderá engadirse un comentario que chegará de xeito persoal a cada alumno mediante o enderezo electrónico. -
Glosarios
Parte dos coñecementos adquiridos no proceso de aprendizaxe de calquera campo veñen dados polo vocabulario asociado ó estudo do mesmo. Os expertos en calquera área do coñecemento desenvolven novas linguaxes e palabras para comunicar novas ideas ou cambialas antigas.
Moodle inclúe un aparello capaz de axudar ó profesor e os seus alumnos a desenvolver glosarios e incorporalos ó curso. A primeria vista poden se ver coma unha sinxela lista de palabras. Desde a perspectiva da práctica pode se converter nunha potente ferramenta de aprendizaxe. -
Leccións
Ó módulo "lección" de moodle permítelle ó profesor incorporar ó seu curso contidos interactivos. Este contido está dividido en pequenas partes chamadas páxinas que se amosan unha a unha. Ó final de cada páxina pódense incluir preguntas para que o alumno as conteste, podendo usarse as mesmas ben para dirixi-lo alumno a novas páxinas se as respostas con correctas, ben para remitilo as mesmas ou outras de reforzo no caso de que sexan incorrectas.
A navegación pola lección pode ser sinxela ou complexa, dependendo da estructura do material que se esté a presentar. -
Talleres
O taller é unha das ferramentas máis completas e complexa de Moodle. Os talleres está deseñados para crear marcos de traballo nos que asignar subtarefas ós estudantes permitindo a revisión das mesmas. É eiquí, na etapa de avaliación cruzada entre compañeiros, onde se manifesta por completo a colaboración e a interacción entre grupos. O taller proporciona un xeito avanzado de transmitir coñecementos sobre aspectos concretos e un medio para desenvolve-la capacidade crítica. -
Consultas
Unha consulta é unha actividade sinxela na que o profesor prantexa unha pregunta, especificando as posibles respostas que os alumnos poderán dar á mesma. Pode ser unha sinxela enquisa sobre un aspecto de actualidade relacionado ca temática do curso ou ter que ver cos aspectos relacionados co propio funcionamento do curso como axuda na toma de decisións, nos posibles cambios de orientación, etc -
Xestión básica dun curso Moodle
Ademáis dos diferentes aparellos de aprendeizaxe que ofrece Moodle, o profesor terá que coñecer algunhas ferramentas administrativas para mante-lo curso e os seus participantes. Estas ferramentas inclúen, entre outras funcionalidades, incorporar ou eliminar alumnos a un curso, crear grupos de usuarios ou xestionar copias de seguridade. A meirande parte destas funcións están localizadas no bloque 'Administración' mentres que a xestión de grupos figura no bloque 'Participantes'.