Webs Dinámicas - Moodle. Administradores nos centros educativos públicos galegos.
Esquema de temas
-
Webs Dinámicas - Moodle. Administradores nos centros educativos públicos galegos
-
Moodle v1.8.5
1. Moodle: Interface
O moodle é unha aplicación web que se emprega para crear e xestionar plataformas educativas. Este tipo de aplicacións denomínanse EVAE (Entorno Virtual de Ensino e Aprendizxe) ou Aulas Virtuais. Dende estas plataformas educativas os centros educativos, ou diferentes institucións, proporcionan recursos, materiais educativos e deseñan actividades de aprendizaxe para estudantes. Ademáis moodle permite controlar o acceso dos estudantes e profesores e tamén serve, como vía de comunicación entre o alumnado e o profesorado. -
-
3. Moodle: Xestión de Cursos
Moodle como Entorno Virtual de Ensino e Aprendizaxe organízase en cursos. Si tiveramos que facer unha comparación co ensino presencial e tradicional, cada curso correspondería a un aula ou materia.
Na web 2.0 podemos organizar os cursos de diferentes xeitos gracias á xestión de categorías. Así, dende un destes espazos podemos dinamizar o departamento de orientación, ter organizada a documentación do equipo directivo, desenvolver unha actividade específica para todo o alumnado do centro ou utilizalo do xeito máis común, como espazo virtual de apoio ó ensino presencial onde o profesorado ten a disposición dos alumnos non só contidos expositivos, senón tamén actividades para a aprendizaxe en grupo.