Webs Dinámicas - Drupal. Administradores nos centros educativos públicos galegos.
Esquema de temas
-
DRUPAL 5.7
Drupal: Administración do contido
Drupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta estupendamente ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.
Entre algunha das súas características principais están as seguintes:
- Conta cunha ampla comunidade de usuario que o empregan e o manteñen.
- Está baseado en software libre.
- Presenta un entorno modular.
- Unha magnífica xestión de usuarios, permitindo acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
- Múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
- Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
- O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.
Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.
Neste bloque pretendese informar dos diferentes tipos de contidos e da súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos. -
Drupal: Construción da páxina
É aquí, nos menús de administración "Construción da páxina", onde configuramos todo o relativo á estrutura física da páxina. Dende a distribucións dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.
Os módulos son os responsables de engadir novas funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no centro dun Proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos só queda permitida aos responsables do proxecto Webs dinámicas.
-
Drupal: Configuración da páxina
Xunto con "Administración do contido", "Construcción da páxina" e "Mantemento de usuarios" este conxunto de menús de administración permítennos personalizar a configurar básica da nosa páxina, así como acceder ás configuracións da maioría dos nóvos módulos que instalamos a mariores do propio núcleo de Drupal.
-
Drupal: SWF Tools
SWF Tools oferta a integración de © Macromecia Flash con reproductores de Vídeo, de MP3 e de visores de imaxes.
Aínda que este módulo permite a integración dos formatos citados, tan só se recomenda empregar para a reproduccion de vídeos en formato FLV (Flash Vídeo), xa que para tanto para o audio como para as imaxes non resulta apropiado como explicaremos neste módulo. -
Experimental:
Instalación en local, marquesinas, frames, etc