Seguimento das accións
Seguimento das accións
Empregamos a lapela Obxectivos para o seguimento e avaliación de obxectivos e para realizar o seguimento das accións.
Na listaxe de obxectivos, accedemos ás accións dun obxectivo premendo na icona .
Dentro de cada acción, prememos na icona "Seguimentos" da columna do mesmo nome. Aparece a caixa "Revisión".
Prememos "Engadir" para deixar tantas revisións da acción coma se considere oportuno.
Introducimos para cada "Revisión" as informacións referidas á mesma:
Revisión: Breve enunciado descritivo.
Data: Podemos engadir datas para as revisións aínda que non é un campo obrigatorio.
Arquivo: A aplicación permite adxuntar un arquivo para cada revisión. Os tipos de arquivos válidos son: .pdf, .zip, .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ods, .csv.
Prememos "Gardar", a revisión aparecerá nunha listaxe. Para cada revisión introducida, a aplicación permite a edición e borrado.
Procedemos de xeito similar ata completar todas as revisións que consideremos necesarias para cada acción.
En calquera momento podemos premer na icona para acceder á "Revisión" da acción (columna "Seguimentos").
Importante
- É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
-
Nos seguimentos e na avaliación final do Plan Dixital volvemos a esta lapela para engadir as revisións das accións que consideremos oportunas.