Seguimento das accións

Seguimento das accións seguimento de accións

Empregamos a lapela Obxectivos para o seguimento e avaliación de obxectivos e para realizar o seguimento das accións. 

1. Na listaxe de obxectivos, accedemos ás accións dun obxectivo premendo na icona accións.

2. Dentro de cada acción, prememos na icona "Seguimentos" seguimento de accións  da columna do mesmo nome. Aparece a caixa "Revisión".

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para o acceso ás accións dun obxectivo dentro da listaxe de obxectivos 

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para definir o seguimento das accións

Prememos "Engadir"engadir para deixar tantas revisións da acción coma se considere oportuno. 

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para engadir a revisión das accións.

Introducimos para cada "Revisión" as informacións referidas á mesma:

1. Revisión: Breve enunciado descritivo.

2. Data: Podemos engadir datas para as revisións aínda que non é un campo obrigatorio.

3.Arquivo: A aplicación permite adxuntar un arquivo para cada revisión. Os tipos de arquivos válidos son: .pdf, .zip, .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ods, .csv.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a revisión das accións

Prememos "Gardar"gardar, a revisión aparecerá nunha listaxe. Para cada revisión introducida, a aplicación permite a edición edición revisións e borradoeliminar.

Procedemos de xeito similar ata completar todas as revisións que consideremos necesarias para cada acción.  

En calquera momento podemos premer na icona seguimento de accións para acceder á "Revisión" da acción (columna "Seguimentos").

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para editar os datos de revisión das accións


aviso Importante

  • É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
  • Nos seguimentos e na avaliación final do Plan Dixital volvemos a esta lapela para engadir as revisións das accións que consideremos oportunas.
Última modificación: Xoves, 2 de Febreiro de 2023, 13:00