Anexos
Anexos
Nesta lapela engadimos os documentos relevantes do Plan Dixital que non figuran noutros apartados: os referidos a infraestrutura e equipamento, o informe SELFIE, enquisas, informe de centro do test CDD etc.
Os formatos de arquivo permitidos son: pdf, zip, doc, docx, odt, xls, xlsx, ods e csv.
Cada arquivo debe ter un texto de descrición.
Prememos en "Seleccionar arquivo" para escoller o documento desde o noso equipo.
Co botón "Gardar" incorporamos o documento e o texto descritivo.
Na parte inferior podemos ver os documentos anexados e a descrición.
Xunto a cada documento temos os botóns para descargar o arquivo ou para eliminalo da plataforma EduCalidade.
Importante: non é posible modificar directamente o texto de descrición do arquivo cando xa está anexado.
Para cambiar a descrición é necesario eliminar o arquivo e volver a subilo á plataforma.