Anexos

Anexos

Nesta lapela engadimos os documentos relevantes do Plan Dixital que non figuran noutros apartados: os referidos a infraestrutura e equipamento, o informe SELFIE, enquisas, informe de centro do test CDD etc.

Os formatos de arquivo permitidos son: pdf, zip, doc, docx, odt, xls, xlsx, ods e csv.

Captura da lapela anexos da plataforma EduCalidade na que se amosa o procedemento para anexar arquivos.


1. Cada arquivo debe ter un texto de descrición.

2. Prememos en "Seleccionar arquivo" para escoller o documento desde o noso equipo.

3. Co botón "Gardar" incorporamos o documento e o texto descritivo.

4. Na parte inferior podemos ver os documentos anexados e a descrición.

5.Xunto a cada documento temos os botóns para descargar o arquivo ou para eliminalo da plataforma EduCalidade.


 

Importante: non é posible modificar directamente o texto de descrición do arquivo cando xa está anexado.

Para cambiar a descrición é necesario eliminar o arquivo e volver a subilo á plataforma.

Última modificación: Xoves, 2 de Febreiro de 2023, 11:29