Accións dun obxectivo
Accións dun obxectivo (lapela "Obxectivos")
Establecemos as accións concretas e necesarias para desenvolver o obxectivo.
O cadro de introdución das accións está oculto. Se prememos na icona , que está a carón do obxectivo, ábrese na parte superior da pantalla.
Sobre o cadro "Accións" ábrese tamén en modo visor a información do obxectivo co que estamos traballando.
Cadro "Accións" para engadir accións.
De xeito similar ás demais lapelas se prememos no botón "Engadir Acción" activamos o cadro "Datos da nova acción" que permite introducir a información correspondente.
Acción : enunciado das accións. A aplicación ordena de xeito automático as accións segundo a data máxima de finalización. As accións coa mesma data de finalización figuran segundo a orde de introdución das mesmas.
Responsables : persoa ou equipo de persoas implicadas que se responsabilizan da realización da acción.
Destinatarios : parte da comunidade educativa á que vai destinada a acción.
Tipo de Acción : neste despregable aparecen as opcións de "Actividade xeral", "Actividade complementaria", "Actividade extraescolar" e "Actividade PROA+".
Data máxima : data concreta na que prevemos que a acción finalice.
Defínese indicador da acción asociado? (marcado opcional): Caixa de verificación que, ao marcala, permite introducir un indicador vinculado á acción. É similar á empregada para os indicadores dos obxectivos.
Rematamos premendo no botón "Gardar".
Veremos unha listaxe coa información introducida, seguida das iconas para facer o seguimento , editala ou borrala .
Procedemos de xeito similar ata completar todas as accións asociadas a cada un dos obxectivos do Plan Dixital.
Importante: é recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.