Accións dun obxectivo

Accións dun obxectivo accións(lapela "Obxectivos")

Establecemos as accións concretas e necesarias para desenvolver o obxectivo.

O cadro de introdución das accións está oculto. Se prememos na icona accións , que está a carón do obxectivo, ábrese na parte superior da pantalla.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para engadir accións vinculadas a un obxectivo.

Sobre o cadro "Accións" ábrese tamén en modo visor a información do obxectivo co que estamos traballando.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado coa información sobre o obxectivo seleccionado.

Cadro "Accións" para engadir accións.

De xeito similar ás demais lapelas se prememos no botón "Engadir Acción"engadir acción activamos o cadro "Datos da nova acción" que permite introducir a información correspondente.

Captura da plataforma EduCalidade na que se amosa o apartado para a introdución de accións para un obxectivo.

1. Acción : enunciado das accións. A aplicación ordena de xeito automático as accións segundo a data máxima de finalización. As accións coa mesma data de finalización figuran segundo a orde de introdución das mesmas.

2. Responsables : persoa ou equipo de persoas implicadas que se responsabilizan da realización da acción.

3. Destinatarios : parte da comunidade educativa á que vai destinada a acción.

4. Tipo de Acción : neste despregable aparecen as opcións de "Actividade xeral", "Actividade complementaria", "Actividade extraescolar" e "Actividade PROA+".

5. Data máxima : data concreta na que prevemos que a acción finalice.

6. Defínese indicador da acción asociado? (marcado opcional): Caixa de verificación que, ao marcala, permite introducir un indicador vinculado á acción. É similar á empregada para os indicadores dos obxectivos.

Imaxe que amosa o apartado en EduCalidade para escoller o tipo de acción, a data máxima e se ten indicador de acción asociado

    Rematamos premendo no botón "Gardar"gardar.

    Veremos unha listaxe coa información introducida, seguida das iconas para facer o seguimento seguimento de accións, editala edición ou borrala  eliminar.

    Captura da plataforma que amosa o apartado cos datos da nova acción creada.

     

    Procedemos de xeito similar ata completar todas as accións asociadas a cada un dos obxectivos do Plan Dixital.

    Imaxe da plataforma EduCalidade que amosa o apartado coa listaxe de accións dun obxectivo, con botóns para a xestión.


    aviso Importante: é recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.

    Última modificación: Xoves, 2 de Febreiro de 2023, 12:57