Obxectivos
Obxectivos
Nesta lapela introducimos os obxectivos do Plan Dixital e toda a información asociada a estes: o seu posible vencellamento cun ou varios elementos do DAFO, os indicadores, as accións que servirán para desenvolvelos, e o seguimento das mesmas.
Datos obxectivo
Para crear un novo obxectivo prememos no botón "Engadir" e visualizarase dentro deste cadro outro co título "Edición do obxectivo".
Introducimos as informacións referidas ao mesmo:
Obxectivo: Enunciado do obxectivo. Este enunciado pode facer referencia, de ser o caso, a unha área do informe SELFIE.
DAFO: Lista cos ítems do contexto DAFO ordenados alfabeticamente segundo "Tipo" - "Categoría" - "Descrición". A aplicación permite vencellar un obxectivo cun ou con varios elementos do DAFO. Seleccionamos os ítems DAFO para ir acumulando os mesmos. Esta acción queda reflectida na lapela contexto DAFO e afecta a aqueles ítems que sexan ligados impedindo o seu borrado.
Código: Identificación única de cada obxectivo do Plan Dixital. A codificación debe facerse coa letra O seguido do número de obxectivo codificado con dous díxitos e das letras PD para facer referencia ao Plan Dixital. Cubrimos O01PD, O02PD..., ata completar a totalidade dos obxectivos do noso plan.
Estado: Despregable coas tres situacións para cualificar o estado dun obxectivo como "Pendente", "Parcialmente" e "Acadado". Ao facer o seguimento e a avaliación do Plan debemos volver a esta pantalla para deixar constancia do estado dos obxectivos.
Se prememos no botón "Gardar", o obxectivo aparece na Listaxe de obxectivos, e visualizamos as iconas que nos permiten introducir a información sobre os Indicadores e as Accións:
Visualización | Edición | Eliminar | Accións | Indicadores |
Procedemos de xeito similar ata completar todos os obxectivos seleccionados para desenvolver o Plan Dixital.
O seguinte paso é introducir para cada un dos obxectivos o Indicador, as Accións e Seguimento das accións cos seus elementos.
Importante:
- A aplicación non permite o borrado dos ítems do DAFO cando estean ligados a un Obxectivo.
- É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
- Na avaliación final do Plan Dixital volvemos á esta lapela e modificamos o "Estado" de cada un dos obxectivos.