Obxectivos

Nesta lapela introducimos os obxectivos do Plan Dixital e toda a información asociada a estes: o seu posible vencellamento cun ou varios elementos do DAFO, os indicadores, as accións que servirán para desenvolvelos, e o seguimento das mesmas.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado de introdución dentro da lapela obxectivos.


Datos obxectivo

Para crear un novo obxectivo prememos no botón "Engadir" engadire visualizarase dentro deste cadro outro co título "Edición do obxectivo".

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado de edición dun obxectivo.

Introducimos as informacións referidas ao mesmo:

1. Obxectivo:  Enunciado do obxectivo. Este enunciado pode facer referencia, de ser o caso, a unha área do informe SELFIE. 

2. DAFO: Lista cos ítems do contexto DAFO ordenados alfabeticamente segundo "Tipo" - "Categoría" - "Descrición". A aplicación permite vencellar un obxectivo cun ou con varios elementos do DAFO. Seleccionamos os ítems DAFO para ir acumulando os mesmos. Esta acción queda reflectida na lapela contexto DAFO e afecta a aqueles ítems que sexan ligados impedindo o seu borrado.

3.  Código: Identificación única de cada obxectivo do Plan Dixital. A codificación debe facerse coa letra O seguido do número de obxectivo codificado con dous díxitos e das letras PD para facer referencia ao Plan Dixital. Cubrimos O01PD, O02PD..., ata completar a totalidade dos obxectivos do noso plan.

4. Estado: Despregable coas tres situacións para cualificar o estado dun obxectivo como "Pendente", "Parcialmente" e "Acadado". Ao facer o seguimento e a avaliación do Plan debemos volver a esta pantalla para deixar constancia do estado dos obxectivos.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o despregable co estado das accións.

 

Se prememos no botón "Gardar"gardar, o obxectivo aparece na Listaxe de obxectivos, e visualizamos as iconas que nos permiten introducir a información sobre os Indicadores e as Accións:

visualización edición eliminar accións indicadores
Visualización Edición Eliminar Accións Indicadores

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a listaxe dos obxectivos.

Procedemos de xeito similar ata completar todos os obxectivos seleccionados para desenvolver o Plan Dixital.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a listaxe dos obxectivos.

O seguinte paso é introducir para cada un dos obxectivos o Indicador, as Accións e Seguimento das accións cos seus elementos.


aviso Importante:

  • A aplicación non permite o borrado dos ítems do DAFO cando estean ligados a un Obxectivo.
  • É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma. 
  • Na avaliación final do Plan Dixital volvemos á esta lapela e modificamos o "Estado" de cada un dos obxectivos.
Última modificación: domingo, 12 de febreiro de 2023, 12:07