Contexto DAFO

Contexto DAFO

Esta lapela contén catro subapartados, todos eles referidos á análise DAFO:

1. Cadro de texto "Instrumentos de recollida de información previa".

2. Despregable "Interno"  para introducir os ítems Debilidades e Fortalezas.

3. Despregable "Externo" para introducir os ítems Ameazas e Oportunidades.

4. Cadro de texto "Análise".

Captura da plataforma na que se amosa o subapartado de recollida de información previa, dentro da lapela de contexto DAFO

Subapartado "Instrumentos de recollida de información previa"

Neste primeiro cadro de texto escribimos a información referida aos instrumentos empregados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO: informe SELFIE, test CDD ...

Subapartado "Análise"

Neste último cadro de texto redactamos a información complementaria que axude a comprender mellor calquera aspecto desta análise DAFO.

Introdución dos ítems do DAFO: subapartados "Interno" e "Externo"

Os ítems do DAFO están determinados polo aspecto (poden ser "Internos" ou "Externos") e dentro de cada un destes, polo tipo de elemento ("Fortalezas ou "Debilidades", "Ameazas" ou "Oportunidades") e a categoría.

Nas seguintes táboas podemos ver a clasificación que hai que seleccionar para cada ítem que se introduzca na aplicación educalidade.

Imaxe do cadro para a creación do DAFO dentro do Plan Dixital de Centro.

En primeiro lugar eliximos o tipo de aspecto nun dos dous despregables:

Captura da plataforma EduCalidade na que se amosa o apartado para engadir aspectos internos e externos do DAFO

  • Despregable “Interno

Iniciamos premendo no botón "Engadir"  para que se vexa na pantalla o cadro "DAFO interno" e a continuación:

1. Eliximos o "Tipo" de elemento: "Debilidade" ou "Fortaleza".
2. Eliximos a "Categoría": "Persoal docente", "Persoal non docente", "Alumnado", "Familias", "Oferta", "Organización de centro", "Infraestrutras" e "outras".
3. Redactamos o ítem no cadro "Descrición".

    Rematamos premendo no botón "Gardar" .

      Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a introdución dos aspectos internos do DAFO

      Cómpre dicir que en todos os elementos da aplicación o asterisco (*) indica que se trata dun apartado que hai que cubrir obrigatoriamente e que o cadro con todas estas opcións ábrese sempre baixo a banda do despregable, na zona superior da pantalla, mentras que os ítems que vaiamos introducindo colócanse debaixo.

      Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para configurar os aspectos como debilidades ou fortalezas.

       

      Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para seleccionar as categorías internas dentro do DAFO

       

      Os ítems do DAFO externos introdúcense de xeito similar.

      • Despregable "Externo"

      Iniciamos premendo no botón "Engadir"  para que se vexa na pantalla o cadro "DAFO Externo".

      1. Eliximos o "Tipo" de elemento: "Ameaza" ou "Oportunidade".
      2. Eliximos unha "Categoría": "Lexislación", "Administración educativa, "Contorna", "ANPA" e "Outras".
      3. Redactamos o ítem no cadro "Descrición".

        Rematamos premendo no botón "Gardar" .

          Captura da plataforma EduCalidade que amosa o cadro para escribir os aspectos externos do DAFO
           

          Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para configurar aspectos como ameazas ou oportunidades.

           

          Captura da plataforma EduCalidade que amosa o procedemento para seleccionar as categorías externas dentro do DAFO

           

          Modificacións dos ítems do DAFO

          Unha vez introducidos os ítems do DAFO podemos visualizalos premendo no botón da lupa. O botón do lapis permite editalos e o da papeleira borralos.

          Captura da plataforma EduCalidade na que se amosa un exemplo de dato do DAFO

           

          A información adicional da columna "obxectivos" amosa se o ítem do DAFO ten ou non vinculación con algún obxectivo. Esta conexión faise na seguinte pestana e modifícase nesta de xeito automático.


          aviso Importante: é recomendable premer no botón "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.

          Lembra que non é posible gardar a información se algún dos apartados obrigatorios, os marcados cun asterisco (*) está baleiro.

          Última modificación: jueves, 2 de febrero de 2023, 12:53