Contexto DAFO
Contexto DAFO
Esta lapela contén catro subapartados, todos eles referidos á análise DAFO:
Cadro de texto "Instrumentos de recollida de información previa".
Despregable "Interno" para introducir os ítems Debilidades e Fortalezas.
Despregable "Externo" para introducir os ítems Ameazas e Oportunidades.
Cadro de texto "Análise".
Subapartado "Instrumentos de recollida de información previa"
Neste primeiro cadro de texto escribimos a información referida aos instrumentos empregados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO: informe SELFIE, test CDD ...
Subapartado "Análise"
Neste último cadro de texto redactamos a información complementaria que axude a comprender mellor calquera aspecto desta análise DAFO.
Introdución dos ítems do DAFO: subapartados "Interno" e "Externo"
Os ítems do DAFO están determinados polo aspecto (poden ser "Internos" ou "Externos") e dentro de cada un destes, polo tipo de elemento ("Fortalezas ou "Debilidades", "Ameazas" ou "Oportunidades") e a categoría.
Nas seguintes táboas podemos ver a clasificación que hai que seleccionar para cada ítem que se introduzca na aplicación educalidade.
En primeiro lugar eliximos o tipo de aspecto nun dos dous despregables:
-
Despregable “Interno”
Iniciamos premendo no botón "Engadir" para que se vexa na pantalla o cadro "DAFO interno" e a continuación:
Eliximos o "Tipo" de elemento: "Debilidade" ou "Fortaleza".
Eliximos a "Categoría": "Persoal docente", "Persoal non docente", "Alumnado", "Familias", "Oferta", "Organización de centro", "Infraestrutras" e "outras".
Redactamos o ítem no cadro "Descrición".
Rematamos premendo no botón "Gardar" .
Cómpre dicir que en todos os elementos da aplicación o asterisco (*) indica que se trata dun apartado que hai que cubrir obrigatoriamente e que o cadro con todas estas opcións ábrese sempre baixo a banda do despregable, na zona superior da pantalla, mentras que os ítems que vaiamos introducindo colócanse debaixo.
Os ítems do DAFO externos introdúcense de xeito similar.
-
Despregable "Externo"
Iniciamos premendo no botón "Engadir" para que se vexa na pantalla o cadro "DAFO Externo".
Eliximos o "Tipo" de elemento: "Ameaza" ou "Oportunidade".
Eliximos unha "Categoría": "Lexislación", "Administración educativa, "Contorna", "ANPA" e "Outras".
Redactamos o ítem no cadro "Descrición".
Rematamos premendo no botón "Gardar" .
Modificacións dos ítems do DAFO
Unha vez introducidos os ítems do DAFO podemos visualizalos premendo no botón da lupa. O botón do lapis permite editalos e o da papeleira borralos.
A información adicional da columna "obxectivos" amosa se o ítem do DAFO ten ou non vinculación con algún obxectivo. Esta conexión faise na seguinte pestana e modifícase nesta de xeito automático.
Importante: é recomendable premer no botón "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
Lembra que non é posible gardar a información se algún dos apartados obrigatorios, os marcados cun asterisco (*) está baleiro.