Introdución

Introdución

Nesta lapela recollemos de forma resumida a información relativa a:

  • Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.
  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.
  • Proceso de elaboración.

Imaxe capturada da plataforma EduCalidade que amosa a lapela de introdución.

A información escribímola no cadro de texto enriquecido "Introdución".

En todos os cadros de texto da plataforma hai unha restricción dun máximo de 8000 caracteres HTML. No caso de pegar texto de documentos externos, recomendamos que se faga limpando o formato.

Unha vez introducida ou modificada a información temos que pulsar no botón "Gardar"Botón Gardar.

En todas as lapelas, pulsando no botón "Volver" botón volver, retornamos á pantalla inicial de "Listaxe de Plans".

Tal como ocurre noutras plataformas corporativas, hai un control de tempo de inactividade que, unha vez transcorrido, fai que se desconecte do usuario.


aviso Importante: é recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.

Última modificación: Xoves, 2 de Febreiro de 2023, 12:47