Vixencia

Nesta lapela xestionamos as datas xenéricas do Plan Dixital así como os datos do equipo dinamizador. Consta de catro subapartados despregables:

1. Estado: situación actual do Plan. 

Número dousVixencia: datos xenéricos do Plan Dixital.

Número tresEquipo: datos do equipo dinamizador do Plan Dixital.

4. Inspección: datos de xestión da inspección educativa.


Lapela Vixencia


Subapartado "Estado"

Neste subapartado amósase a situación actual do Plan Dixital, con 3 posibilidades:

  1. "En elaboración": estado inicial que permite o deseño e edición do plan e que fai que non sexa visible a outras persoas non editoras.
  2. "Pechado-seguimento": estado que permite facer o seguimento e avaliación do plan ata o final de curso.
  3. "Finalizado": estado de remate  do plan avaliado que impide calquera modificación.

Unha vez que terminemos de editar o Plan Dixital no estado inicial de elaboración,  procederemos a pechar o mesmo mediante o botón "Pechar" Botón pechar, esta acción cambiará o estado a "Plan pechado-seguimento", estado que non permitirá a modificación do contido do plan, permitindo realizar o seguimento do mesmo a través das lapelas correspondentes.  Unha vez terminado de redactar o plan, este debería ser o estado no que permaneza ata final de curso.

Chegados a final de curso e co Plan Dixital xa executado e o seguimento do mesmo reflectido, procederemos a pechar definitivamente o plan, pasando a estar no estado de "Finalizado", a partir de este momento non se poderá facer ningunha modificación nin engadir datos de seguimento ao mesmo.

É importante sinalar que unha vez pechado o plan non é posible volver a un estado anterior.

Vixencia. Inicio


Subapartado "Vixencia"

Neste subapartado configuramos os datos xenéricos do Plan Dixital:

  • Curso de inicio: elixir no despregable o curso actual.
  • Curso fin: elixir no despregable o curso actual por ser un plan anual.
  • Data de actualización: última data na que se actualizou o plan na súa versión actual; pode editarse directamente ou a través da ferramenta calendario.
  • Data de aprobación do Consello: editamos directamente ou a través da ferramenta calendario.
  • Data de aprobación/información Claustro: data na que se informou ao Claustro da última versión do PD, pode editarse directamente ou a través da ferramenta calendario.

Unha vez inserida a información pulsamos no botón "Gardar" botón Gardar

Lapela Vixencia

Subapartado "Equipo"

Neste subapartado danse de alta os membros do equipo dinamizador do Plan Dixital que deben figurar previamente no aplicativo Xade. Por defecto aparece sempre a persoa responsable, que é a que inicia o proceso, podendo continualo calquera membro con permiso de edición.

Iniciamos premendo no botón "Engadir"Botón para introducir datospara que se vexa na pantalla o cadro "Datos"

 

Captura da plataforma EduCalidade que amosa os datos para inserir aos membros do equipo responsable do Plan Dixital

Para cada un dos membros seleccionamos nos despregables a seguinte información:

1. Apelidos e nome : amósanse os membros do Claustro de Profesores, escollemos o que corresponda.
2. Cargo: dúas posibilidades Coordinador/a e Equipo.

    • Só se permite un único/a coordinador/a. Non hai restrición para o número de membros do equipo.

3. Permisos : tres posibilidades: "Consulta", "Edición" ou "Responsable".

    • "Consulta": non pode modificar a información. Opción recomendada para os membros do equipo de dinamización
    • "Edición": pode engadir membros e modificar a información.  Opción recomendada para a persoa Coordinadora do Plan Dixital
    • "Responsable": pode haber outra persoa responsable ademais da persoa directora ou encargada do centro.  

Finalmente pulsamos o botón "Gardar"Botón Gardar

Repetiremos o proceso ata completar a alta de todo o equipo.


Subapartado "Inspección"

Neste subapartado aparecerán as observacións realizadas pola inspección educativa.



Última modificación: xoves, 12 de setembro de 2024, 8:10 AM