Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.
Que ocupacións se desempeñan?
Operario de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos; operario de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor; xefe de máquinas; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; electromecánico de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo; mecánico de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina); mecánico de motores de gasolina; mecánico de motores diésel; mecánico de motores en maquinaria industrial; mecánico de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros; mantedor de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo; electricista naval; electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores; operario de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.
Que título se obtén?
Técnico en Mantemento e Control de Maquinaria de Buques e Embarcacións.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
Titulación profesional
Mecánico/a naval. Consulte as atribucións e os requisitos de obtención AQUÍ.