Skip to Content

De interés

Exámes de Cambridge English

As datas dos Exámes de Cambridge English serán estas:

 * A2 Key for Schools, B1 Preliminary for Schools e B2 First for Schools: 25 de xuño no IES Xunqueira II.

* C1 Advanced: 9 de xullo no Colexio Sagrado Corazón.

Peche da matrícula 7 semanas antes da data dos exámes.

Matrícula 2022 – IES Xunqueira II

Para formalizar a matrícula hay que introducir un código na páxina de este enlace:

https://cemdesk.com/rosalia/codigos/

(Solicitar o código na Secretaría do Instituto).

Enlace ao vídeo explicativo: https://www.youtube.com/watch?v=taGQGnNmwJY

 

Banco de préstamo de libros de texto

Un ano máis continuamos coa organización do Banco Préstamo de Libros de Texto, ao que vos animamos a colaborar e participar, en beneficio de todos.

O proxecto consiste na doazón voluntaria a esta asociación, por parte das familias, dos libros de texto que non vaian a utilizar e estean en condicións aceptables e vixentes para o seguinte curso.

Este Banco de Libros vai destinado a todo o alumnado de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Aquí tendes toda a información:

* Carta as familias.

* Impresos de solicitude de libros.

Un saúdo.

Recollida de libros de texto

Dende a ANPA queremos informarlles que para facilitar a recollida de libros por mor da covid, imos proceder a súa recollida con anterioridade á entrega dos informes de avaliación.

Deste xeito, na entrada do salón de actos, faremos a recollida conforme ao seguinte:

  • 21 de xuño 1º e 2º da ESO
  • 22 de xuño 3º e 4º da ESO
  • 25 de xuño  1º bacherelato e incidencias

Avisaremos  ao alumnado do horario de entrega a través das conserxes. O alumnado que lle quede algunha pendente para  a convocatoria extraordinaria deberá comunícalo eses días a ANPA para quedarse co/s libro/os.

Un saúdo.

 

Axudas para material escolar

Está aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar convocadas pola Xunta de Galicia.

O prazo REMATA o 22 de xuño de 2021.

Cursos aos que van dirixidas as axudas: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

REQUISITO BÁSICO: Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

A partir do curso 2021/2022 no IES A XUNQUEIRA II estarán incluídos no proxecto dixital (E-DIXGAL) 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Segundo o artigo 1.2 da orde do 6 de maio de 2021 “O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto dixital (E-Dixgal) no curso 2021/22 está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terán dereito á axuda para adquirir material escolar”.

Orde do 6 de maio de 2021 ( axuda material).

Aplicación fondo libros para presentación telemática con sinatura dixital

Solicitude para presentación presencial

Exámes de Cambridge English

Reunión virtual informativa sobre os exámes de Cambridge English. 

Dende o Anpa Helenes queremos informarlles que o próximo xoves 15 de abril ás 19:30 teremos unha reunión virtual coas mánagers do centro examinador de Cambridge na provincia de Pontevedra, donde vos van informar dos exámes, niveles códigos...

Exámes que se van realizar no instituto o 1 de xullo. 

Agradecemosche de antemán a túa asistencia. 

Para mais información, preme aquí.

Enlace para unirse a reunión virtual: https://us02web.zoom.us/j/89679262230

BECAS PARA ESTUDIOS NO UNIVERSITARIOS

Publicada hoy la Resolución de becas generales para estudios no universitarios que se dirigen a estudiantes que en el curso 2018-2019 estén matriculados en alguno de los siguientes niveles:

  • Bachillerato
  • Formación Profesional ......

Plazo de presentación

  • Desde el 17 de agosto de 2018
  • Hasta el 1 de octubre de 2018

Forma de presentación de la solicitud

La solicitud se presenta mediante formulario on-line a través de la página web del Ministerio de Educación. Para acceder a dicho formulario, deberá pulsar el botón "Becas Generales 2018 - 2019" que hay en la portada de la web. El alumno deberá registrarse previamente en la Sede Electrónica de este Ministerio, si bien hay que tener en cuenta que el registro realizado en cursos anteriores sigue siendo válido para realizar este trámite.

En principio, no habrá que aportar documentación, pues las unidades encargadas de la tramitación. Solo en determinados supuestos muy específicos se deberá aportar la documentación concreta que se le especificará cuando se cumplimente el formulario.

Pinche aquí para acceder a toda la información (Información General, convocatoria, acceso solicitud on-line).

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

No DOG de hoxe publicase a  ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Prazo Solicitude;  Del 22/05/2018 al 22/06/2018

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B 

 

Documento: Orde do 9 de maio de 2018

 

AVALIACIÓN DE BACHARELATO

Hoxe (27/03/2017), foi publicada no DOG a Resolución conxunta do 21 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18.
 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

 
 

Beneficiarios

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º e 3º de ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.

Distribuir contido


by Dr. Radut