Skip to Content

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

Dende a ANPA queremos informarlles que para facilitar a recollida de libros, imos proceder a súa recollida con anterioridade á entrega dos informes de avaliación.

Deste xeito, na entrada do salón de actos, faremos a recollida conforme ó seguinte horario:

- 20 de xuño: 1º, 2º e 3º da ESO

- 21 de xuño: 4º da ESO e 1º de Bacharelato

- 26 de xuño: 2º de Bacharelato e incidencias da ESO e 1º de Bacharelato

Avisaremos ó alumnado do horario de entrega a través do persoal subalterno.

Si por calquera circunstancia non podedes acudir nestes horarios podedes deixalos en conserxería co voso nome completo e curso.

Asimesmo lembrade que podedes colaborar co Banco de Libros doando aqueles que non vaiades a utilizar máis.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 



blog | by Dr. Radut