Esta semana organizamos unha serie de actividades e exposicións para todas as persoas interesadas en aprender máis sobre os procesos de impresión 3D e as súas posibilidades. Haberá proxeccións de vídeos explicativos, mostra de obxectos impresos nas impresoras 3D do centro e posibilidade de ver as impresoras en acción.
A alumna de 2º ESO Lara López pasou á Fase Final da Olimpiada Matemática, que se celebrará en Lugo o vindeiro xoves día 18.
Noraboa e moita sorte!
O pintor e ilustrador de Logrosa, D. Xosé Cobas fixo doazón dun lote de publicacións para CEIBAR (Centro de Estudos e Investigacións Barcalesas) do IES Xulián Magariños, xesto polo que a comunidade educativa do noso centro quere expresarlle o seu agradecemento.
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.
O alumnado e profesorado que foron de viaxe a París xa están de volta e polo que nos contan chegan encantados. Podedes ver as fotos que nos mandan no Facebook do insti. Nesta visita didáctica o alumnado está acompañado polos profesores Lucía Pérez Romero, Juan Alves e Joseba Lebrancon.
Proximamente poderedes ler unha crónica da viaxe na revista do instituto.
No pasillo do primeiro andar podedes ver unha preciosa mostra de traballos feitos por alumnado de debuxo de 4º ESO (Verónica Álvez, Raúl Rey, Yassine Bassami e Leticia Cunqueiro), nos que renden homenaxe á disciplina do debuxo científico. Este tipo de debuxo require de exactitude, realismo e capacidade descriptiva, e supera á fotografía en aspectos onde ésta amosa as súas limitacións, como é o contraste e a profundidade de campo. Visitádea e vos sorprenderá.
O vindeiro martes día 9 de maio o alumnado de 1º ESO C asistirá a unha actividade sobre resolución pacífica de conflitos organizada polo Depto. de Orientación e Subvencionada pola Asamblea de Cooperación pola Paz.
ACTIVIDADES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A. EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES
Por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que nos cedeu unha serie de paneis sobre a vida e obra de carlos Casares. Esta exposición atópase no pasillo de unión dos edificios principal e novo.
B. CONCERTO HOMENAXE
![IES Xulián Magariños RSS Distribuir contido](/centros/iesxulianmagarinos/misc/feed.png)