Sabemos que fan os nosos fillos e fillas co teléfono mobil con conexión a internet?
Este venres no salón de actos as 19:00 horas a xefa de estudos e a orientadora do centro falarán dos usos e abusos dos móbiles por parte dos adolescentes, onde en certos casos pode haber implicacións legais. Recomendamos especialmente a asistencia de pais, nais e titores legais do alumnado. Haberá unha posta en común e unha parte práctica polo que se recomenda traer un teléfono móbil intelixente (smartphone).
Un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO, 1º BAC e 2º BAC participará na Olimpiada Filosófica que terá lugar en Santiago, na Facultade de Filosofía
Dentro das actividades para formación do profesorado do centro organízase durante os dous vindeiros mércores 17 e 24 de xaneiro unhas sesións de traballo sobre protocolos de detección e tratamento da dislexia a cargo da profesora Paula Outón da facultade de Ciencias da Educación da USC.
O director do Gabinete de comunicación da USC , Luis Celeiro, impartiu unha conferencia no noso centro, onde insistiu na necesidade que a sociedade ten de cidadáns formados, intelectualmente preparados e con capacidade de análise, e mostouse partidario da implantación dunha materia que axude ao alumnado a afondar na análise e valoración da información.
Hoxe o profesor de química orgánica, Ricardo Riguera nos falou do importante papel da química en campos tan diversos coma a perfumería, os pigmentos, os pegamentos, a cociña, os plásticos ou os medicamentos, e a necesidade de ter unha boa cultura científica para non ser presa fácil de publicistas interesados, pseudo-científicos e charlatáns.
El Correo Gallego entrevista ao noso director que xa adianta que non renovará na dirección para o vindeiro curso.
![IES Xulián Magariños RSS Distribuir contido](/centros/iesxulianmagarinos/misc/feed.png)