Eleccións para renovación parcial do Consello Escolar
Reunida a Xunta electoral constituída o pasado día 2 de novembro e formada por :
- D. José Luis Mateos Santiago (director do centro)
- Dª Rosa Negreira Outeiro (representante dos pais/nais)
- D. Alfredo Iglesias Diéguez (representante do profesorado)
- Dª. Silvia Pazos Leis (representante do Persoal non docente)
- D. Adrián Villar Castelo (representante do alumado)
acordou o calendario electoral seguinte
10 de novembro | publicación das convocatorias de eleccións nos sectores de profesorado/ pais, nais e titores legais / alumnado e publicación dos censos. O prazo de reclamacións ao censo remata o día 17 ás 14:00 horas |
Días 11 a 18 de novembro | presentación de candidaturas (seguindo as instrucións que figuran na correspondente convocatoria electoral). Poden descargar o impreso de presentación de candidatura correspondente que achegamos nos anexos e presentalo en secretaría o envialo por correo electrónico ao centro. |
Días 22 a 25 de novembro | prazo para a campaña electoral |
Día 29 de novembro | Votacións (ver os diferentes horarios na correspondente convocatoria electoral) |
EN CONSECUENCIA INFÓRMASE QUE:
1. Xa están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro de anuncios do centro, as convocatorias de eleccións para renovación dos diferentes sectores do Consello Escolar. Tamén poden consultarse o censos correspondentes.
2.O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 18 de novembro ás 14:00 horas.
3. Neste proceso electoral compre elixir : 2 representantes do profesorado, 2 representantes do alumnado e 2 representantes dos pais, nais e titores legais.
A Dirección
DOCUMENTOS PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A CONSELLO ESCOLAR
- documento presentación candidatura para sector profesorado
- documento de candidatura a sector alumnado
- documento de candidatura a sector pais/nais/titores legais
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOC10_candidatura profesorado_22.pdf | 133.08 KB |
DOC11_candidatura alumnado_22.pdf | 133.5 KB |
DOC12_candidatura pais, nais e titores legais_22.pdf | 131.75 KB |