Alumnado do IES Xulián Magariños no xurado do Premio San Clemente
Seis alumnas de bacharelato representaron ao IES Xulián Magariños como parte do xurado do Premio San Clemente de Narrativa. O acto tivo lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago o pasado xoves 3 de novembro. As alumnas deliberaron con representantes de varios institutos tanto de Galicia como de fóra da nosa Comunidade e despois deron a coñecer o nome dos gañadores nunha rolda de prensa. Mais tarde, xunto co resto dos membros do xurado, foron invitadas a unha comida no Casino de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora que se completará dentro duns meses coa cerimonia de entrega de premios, na que poderán coñecer persoalmente aos galardoados.
A prensa fíxose amplo eco da noticia, dada a importancia deste premio.
A memoria histórica e o hiperrealismo máxico imponse no Premio San Clemente Abanca con tres mulleres galardoadas (galiciaconfidencial.com)
El Premio San Clemente Abanca galardona en Santiago de Compostela a tres autoras (elespanol.com)
La memoria histórica y el hiperrealismo mágico se imponen en el Premio San Clemente Abanca con tres mujeres galardonadas (europapress.es)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Alumnas que representaron ao IES Xulián Magariños.jpeg | 28.34 KB |