ESCOLA DE FAMILIAS: Condutas de risco online e ciberdelincuencia
O vindeiro venres 2 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar unha unha nova sesión da Escola de Familias. Neste caso grazas á financiación da ANPA do centro contamos co experto en ciberseguridade José Torres. Consideramos que é una ponencia do máximo interese para todas as familias polo que recomendamos a asistencia á mesma, lembrando que teñen que inscribirse a través do correo : orientacion.ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal
O título da charla é "Condutas de risco online e ciberdelincuencia", e nela se abordarán as seguintes temáticas:
- Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos e protección da información.
- Xeolocalización e redes wifi
- Mensaxería instantánea móbil: whatsapp, telegram, etc.
- Ciberacoso: tipos, tratamento e prevención. Grooming, sexting, stalking, ciberbullying.
- Protección da intimidade e da privacidade
- Redes sociais
- Videoxogos
- Intelixencia artificial
- Metaverso.
José Torres é Experto Universitario en investigación da ciberdelincuencia. Diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas Redes Sociais. Diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC) como especialista no análise de evidencias dixitais. Tamén foi membro do Consello Asesor do estudo de UNICEF sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia. Desde o ano 2006 é responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Guardia Civil de Pontevedra, e ten participado en numerosos proxectos de investigación, tales como o desenvolvemento da plataforma "VICUS", deseñada para a localización a nivel mundial de pornografía infantil nas redes P2P ou o programa "TWICUS", para a análisis e detección do ciberbullying en Twitter.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ciberdelincuencia.png | 99.71 KB |