Eventos
A xunta electoral estará formada polo director/directora do centro , por un profesor/a , por un alumno/a , un pai nai o titor legal do alumnado e por un representante do persoal de administración e servizos.
12/11
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de profesorado, alumnado e do persoal de administración e servizos, para cubrir os postos vacantes no Consello Escolar, a Xunta Electoral admite, proclama e publica as candidaturas presentadas polos distintos sectores , que estarán para consulta no taboleiro de anuncios do centro
a) Profesorado: 7 candidaturas
b) Alumnado: 3 candidaturas
c) Persoal de administración e servizos: 1 candidatura
Esta información pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro, e poderán presentarse reclamacións á mesma os días 12 e 13 de novembro.
A data das votacións é o 20 de novembro.