Eventos
As clases comenzarán o mércores 11 de setembro. Haberá transporte escolar no horario habitual.
As 8:45 horas o alumnado de ESO deberá estar no patio de entrada e será chamado polo seu titor /a para dirixirse á súa aula.
O alumnado de bacharelato e 1º curso de ciclo medio e superior entrará as 9:35
O alumnado de 2º curso de ciclo medio e superior comenzará con clase normal as 8:45 horas.
CORRECCIÓN DE ERROS.
A reunión informativa do martes será so para pais e nais.
O día anterior, martes 10 de Setembro, a partir das 18:00 h haberá unha serie de charlas informativas e presentación para PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS do alumnado de 1º ESO. Ver horario completo no arquivo PDF que se adxunta.
As listaxes dos grupos serán publicadas no taboleiro do centro e na web o luns 9 de setembro.
VER PDF COA INFORMACIÓN COMPLETA
Estes son os horarios oficiais de saída das nosas rutas de transporte escolar.
Os autobuses nunca deberán saír antes do horario anunciado obrigando aos estudantes a un tempo de espera esaxerado pola maña cedo ás portas do instituto. En caso de que suceda, cubran as follas de incidencia dispoñibles na web do centro no apartado de servizos-transporte escolar e envíennolas por correo electrónico.