Eventos - Filtro:
Sáb | ||
---|---|---|
O alumnado que remata a ESO neste curso 23-24 cunha nota media igual ou superior a 9 pode participar nas probas para optar a un dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. O prazo de inscrición é ata o 8 de xullo. Outro ano máis o alumnado do IES Xulián Magariños consegue o 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU 2024: a totalidade do alumnado presentado (24/24) recibiu a cualificación de APTO nas probas de acceso a estudos universitarios. Un remate ideal a todo o traballo realizado durante estes anos por estes alumnos a quenes desexamos moita sorte. Queremos darlle a noraboa a todos eles, e queremos destacar especialmente a dos alumnos, Xiana García que acada un dos mellores expedientes de toda Galicia e será galardoada nun acto que terá lugar na Coruña, e Nicolás Santiago Gómez, que quedou a unha décima escasa de estar nesa lista de excelencia académica. |