Eventos
Acceso á guía de acceso e oferta de estudos nas 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña)
O pasado 4 de abril tivo lugar a Feira das Profesións 2024, unha iniciativa que dende o pasado curso realízase en colaboración cos departamentos de orientación dos IES de Ames e Brión.
O noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer en vivo máis de 50 profesións, interactuando con profesorado e alumnado das distintas titulacións representadas na feira e mesmo facendo pequenas prácticas para poñerse en situacións reais: Manipular mostras como se fai nun laboratorio, practicar a arqueoloxía con obxectos reais, facer radio en directo, estudar o corpo humano, esculpir en pedra e moitas actividades máis. Este ano, como novidade, contouse con dous espazos exteriores nos que se celebraron charlas nas que poder profundizar un pouco máis nalgunha das actividades profesionais representadas na feira.
O noso IES participou non só como organizador senón tamén como expositor, dando a coñecer ao alumnado asistente os nosos ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións.
Despois do paso do alumnado pola feira realizouse unha enquisa de satisfacción nos tres centros educativos, e os resultados non poden ser máis satisfactorios: o 86% do alumnado puntuou cunha nota de 7 ou superior a feira en xeral, e o 64,3% valorou con máis de 7 puntos sobre 10 o grao de interese dos postos da feira. O 79,2% manifestou ter coñecido algunha profesión da que nunca oíra falar e deles o 29,6% ve esa nova profesión como unha posible opción de futuro.
Estes datos nos animan a continuar co traballo de organización deste evento, que para a súa edición 2025 se celebará no polideportivo Pedra Mámoa coa colaboración do Concello de Negreira.
Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Concederanse ata 20 premios de 1000 € e os candidatos deben ter unha nota media en bacharelato igual ou superior ao 8,5.
Adxunto poden ver unha folla informativa cos pasos a seguir para o alumnado que desexe presentarse.
Achégase o calendario de avaliacións e entrega de cualificacións para 2º de bacharelato.
Aquí podedes consultar o calendario completo de final de curso, para todos os niveis de ensinanza impartidos no centro