Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
INFORMAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS FORON APROBADAS. O alumnado deberá formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluídos. O 1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (alumnado procedente de OUTROS centros que non son os adscritos) FASES DO PROCESO a) Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO no CPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están cursando estudos a día de hoxe (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios). (FINALIZADO) b) Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo (FINALIZADO) c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. (FINALIZADO) d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. (FINALIZADO) O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión: DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías: a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación En caso de poder facer o proceso por internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: O IES Xulián Magariños ten servizo de transporte escolar. Para solicitalo debe facerse no momento de formalizar a matrícula ( a finais de xuño)
VACANTES ESTIMADAS A día de hoxe (28 de febreiro) as prazas vacantes estimadas son 1º ESO : 7 2º ESO : 17 3º ESO : 16 4º ESO : 16 1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 0 2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 15
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051
|