Eventos
Probas de acceso ao ciclo medio de FP.
Período de inscrición: 27 de febreiro a 10 marzo. Data da proba: 25 de maio de 2023
Para persoas que non teñan o título da ESO, FPB ou título similar que permita matricularse en ciclos de grao medio. Válidas para toda España.
Cumplir 17 anos ou maís no ano 2023.
Estrutura
a) Parte sociolingüística:– Lingua Castelá.– Lingua Galega.– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:– Ciencias da Natureza.– Tecnoloxía
MAIS INFORMACIÓN EXEMPLOS DE EXAMES DE ANOS ANTERIORES
Probas de acceso ao ciclo superior de FP
Período de inscrición: 23 de xaneiro a 3 febreiro Data da proba: 20 de abril de 2023
Para persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso. Válidas para toda España.
Cumplir 19 anos ou maís no ano 2023.
Estrutura
a) Parte común:– Lingua Castelá.– Lingua Galega.– Matemáticas
b) Parte específica:– Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso.
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía
O Programa “Lectura e familias” que desenvolve a Biblioteca do IES Xulián Magariños inaugura os seus Encontros con Escritores e Escritoras da Comarca coa visita de Manuel Iglesias Turnes o martes 14 de marzo ás 5 da tarde.
Será un encontro coas nais / pais do alumnado que se celebrará na Biblioteca do IES e na que repasaremos co escritor a súa traxectoria literaria.
Manuel Iglesias Turnes (Cabanas, A Baña, 1950) desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga), cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na USC.
Como narrador, ten publicadas en Xerais as obras «As rapazas de Xan» (2012), «Que non te aten» (2016) e «Os soños de Miguel» (2022).
ANIMANDO AS FAMILIAS A LER
O IES Xulián Magariños de Negreira é un dos 50 centros educativos de Galicia seleccionados este curso dentro do programa "Lectura e familias", integrado no Plan LIA 2021-25 de Bibliotecas escolares. Con este motivo o Equipo da Biblioteca, en colaboración coa ANPA A Barcalesa, convocou unha reunión no centro educativo para informar ás familias das iniciativas que se prevé desenvolver en colaboración con elas: mediación lectora, encontros con escritores/as da contorna, alfabetización informacional ou as posibilidades da lectura electrónica, entre outras.
Hoxe tivo lugar e entrega de premios aos finalistas e gañadores do IV Concurso de Fotografía IES Xulián Magariños, "Camiño de Santiago e patrimonio en Negreira". Parabéns a todos eles, aos que desexamos que sigan cultivando esa afición pola fotografía e por coñecer e valorar o rico patrimonio do noso concello.
Informamos que todo o alumnado que solicitou admisión neste centro está admitido. Terá que proceder a formalizar a matrícula no período ordinario de matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo.