Eventos
Acaba de sair publicada a Orde de modificación do calendario escolar, que conleva cambios nas datas de avaliación.
«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.
3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.
A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final».
A Consellería de Educación avisa na súa páxina web da suspensión do transporte escolar mañá martes 17 pola tarde por mor da adversa situación meteorolóxica. Negreira pertence a zona INTERIOR DA CORUÑA.
O alumnado que teña materias suspensas de anos anteriores terá que presentarse aos exames nas datas citadas a continuación.
A primeira parte do temario das materias será examinada na quenda de xaneiro. O resto da materia será obxecto do exame da quenda de abril.
Hoxe o alumnado de 1º ESO acompañado polo profesorado do departamento de Tecnoloxía participou nun interesante obradoiro en liña deseñado dende o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co obxecto de aprender a detectar sinais de fraude e engano en páxinas web, chats e redes sociais. Malia a indudable utilidade das TIC é importante saber protexernos de estafadores e ladróns de datos persoais e identidades.
Levan para casa unha pequena folla de tarefas para practicar en familia.
Cousas que nos quedaron claras:
- Fixarnos nas direccións de internet e comprobalas cun comprobador de URL.
- Desconfiar de versións gratuitas de aplicacións de pago e de ofertas moi suculentas.
- Regalos moi golosos e urxencias de tempo tamén son signos claros de páxinas web fraudulentas.
- Ollo coas invitacións de descoñecidos.
- E ante calquera dúbida falar cos nosos pais, profesores ou contactar co propio INCIBE
Entre todos podemos facer de internet un espazo máis seguro e amigable.