Eventos
O cálculo mental é unha competencia clave na aprendizaxe das matemáticas. A práctica do cálculo mental mellora a capacidade de concentración, facilita a comprensión e sentido da magnitude e do número, proporciona versatilidade e rapidez no proceso de cálculo e axuda na reflexión para decidir e elixir.
Dentro da materia de programación (2º ESO ) os departamentos de Tecnoloxia e Matemáticas estamos a colaborar na elaboración dunha serie de aplicacións informáticas que axuden ao alumnado a aprender matemáticas dun xeito lúdico e atractivo.
Froito desta colaboración presentámosvos o primeiro traballo: un programa realizado na plataforma Scratch que axudará a potenciar a capacidade de cálculo mental do alumnado. Que esté feito en Scratch fai que o alumnado coñeza e comprenda o código e que poida modificalo ao seu gusto para adaptalo ás súas necesidades.
O programa está aínda en desenvolvemento e gustaríanos recibir as vosas suxestións para facelo máis completo e atractivo. Esperamos que vos guste.
Dentro da materia de programación (2º ESO ) os departamentos de Tecnoloxia e Matemáticas estamos a colaborar para deseñar unha serie de aplicacións informáticas que teñan utilidade na didáctica das matemáticas.
E aquí vos presentamos o primeiro traballo froto desta colaboración: un programa elaborado na plataforma Scratch, que pensamos axudará de forma lúdica a potenciar a capacidade de cálculo mental do alumnado. O cálculo mental é unha competencia clave na aprendizaxe das matemáticas. A práctica do cálculo mental mellora a capacidade de concentración, facilita a comprensión e sentido da magnitude e do número, proporciona versatilidade e rapidez no proceso de cálculo e axuda na reflexión para decidir e elixir.
O programa está aínda en desenvolvemento, e por tanto aberto ás vosas suxestións para melloralo e facelo máis completo e atractivo. Que esté feito en Scratch fai que o alumnado coñeza e comprenda o código e que poida modificalo ao seu gusto e adaptalo ás súas necesidades. Disfrutádeo.
Aquí están os mandatos do Meco para esta semana de preparación do Entroido. Ánimo.
Resumo das programacións didácticas do presente curso académico por departamentos:
Artes plásticas | ciencias naturais | comercio | ed. física | filosofía |
física e química | francés | informática | inglés | linguas clásicas |
castelán | galego | matemáticas | música | orientación |
relixión | tecnoloxía | xeografía e historia | EDNL | BIBLIOTECA |
Estimadas familias:
Queremos informarvos dunha nova aplicación de préstamos de libros dixitais E-ELBE 2 que lanza a Consellería de Educación, que dará ao alumnado a oportunidade de ler en liña ou descargar temporalmente ata 3.000 títulos entre os que se atopan moitas lecturas obrigatoiras dos cursos. É ademais moi interesante porque da acceso a libros actuais en galego, castelán e inglés.
Nos próximos días explicaremos nos diferentes grupos como funciona. O alumnado precisa dun contrasinal que lles permitirá rexistrarse e que nos enviaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. De todos os xeitos, tedes aquí a información precisa para que comecedes a coñecer a plataforma E-ELBE 2.
ACCESO Á BIBLIOTECA (sen contrasinal o único que poderedes facer polo de agora é consultar o catálogo)
INFORMACIÓN