Eventos
O vindeiro luns, día 7 de setembro, haberá unha reunión informativa presencial para as familias de 1º ESO. Debido á limitación de aforo do salón de actos, rogamos que acuda unicamente UNHA PERSOA por familia, e que o alumnado non asista á reunión pois terán unha presentación específica o día 16.
Para facilitar o mantemento das medidas de distancia sanitaria, faremos dúas sesións no seguinte horario:
- 17:00 horas - alumnado con primeiro apelido dende A ata J incluído
- 18:30 horas - alumnado con primeiro apelido dende K ata Z
Como xa saberedes a maioría de vos, a Consellería de Educación retrasa unha semana o inicio das clases en secundaria, bacharelato e ciclos, respondendo a demanda das direccións dos centros educativos nos que era imposible levar a cabo a organización do curso 20-21. Os continuos cambios no protocolo de adaptación ao COVID e a falta de certezas sobre o profesorado dispoñible estaban a imposibilitar o traballo dos equipos directivos.
Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO, os de 1º de Bacharelato e os de 1º de FP Medio e Superior, que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23; mentres que os de 3º da ESO, de 2º de Bacharelato e de 2º de FP Medio e Superior, que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24. Os estudantes de 4º da ESO e FP Básica, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.
Estade atentos a esta web onde iremos publicando toda a información sobre o inicio do curso.
Xa está dispoñible a listaxe definitiva coa adxudicación dos libros de texto do fondo solidario. Para coñecer os libros adxudicados a cada alumno podedes consultar na web (na aplicación Fondo Libros, aqueles que teñades certificado dixital) ou no taboleiro de anuncios na entrada do instituto. No caso de ter que acudir ao centro por favor sede moi escrupulosos no cumplimento das medidas de seguridade: distancia, desinfección e mascarillas.
Só pode estar unha persoa consultando as listaxes, o resto debe esperar fora.
Non podemos facilitar información telefónica dos libros adxudicados.
Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!
- Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
- Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.
O día da presentación acudirán unicamente os grupos convocados, e non haberá transporte escolar. As clases comezarán con normalidade, para todos os grupos, o luns día 28. O horario de mañá varía un pouquiño e será de 8:40 a 14:30 cun único recreo de 50 minutos.
As normas en detalle seranlles explicadas a cada grupo polos seus titores/as no día da presentación, que será no calendario seguinte:
23 de setembro, mércores:
- 10:00 a 11:45 1º ESO
- 11:00 a 12:45 1º BAC, 1º SMR, 1º ASIR
- 12:00 a 13:45 2º ESO
24 de setembro, xoves:
- 10:00 a 11:45 3º ESO
- 12:00 a 13:45 2º BAC, 2º SMR, 2º ASIR
25 de setembro, venres:
- 10:00 a 11:45 4º ESO
- 12:00 a 13:45 1º e 2º FP BÁSICA
O alumnado esperará no patio exterior, mantendo a distancia establecida, a ser chamado polo seu titor/a.
MÁIS INFORMACIÓN
O documento ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN, HIXIENE E PROTECCIÓN - SEGUNDO O ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 estará colgado na web do centro para que todas as familias podan consultar en detalle as diferentes medidas que se desenvolverán durante este curso.
Aquí podedes consultar un resumo do Plan de Adaptación do centro ao contexto da COVID-19. Recomendamos encarecidamente a súa lectura.
Poñemos a disposición da comunidade educativa o Plan de Adaptación do centro para o curso actual no que se recollen todas as actuacións levadas a cabo e os protocolos para minimizar as probabilidades de contaxio polo COVID-19.
Agradecemos calquera aportación ao mesmo. Podedes envialas ao correo do centro ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID CURSO 21-22
Anteriores
AVISO PARA O ALUMNADO DE 1º ASIR e 1º SMR (CAMBIOS: ACTUALIZADO 30/9 ás 17:30)
Debido a que a un día do peche da matrícula en 1º de ASIR o número de inscritos é de 30, e ante a imposibilidade de manter as medidas de seguridade unicamente con mamparas de metacrilato, o alumnado deberá ter as clases en modo semipresencial.
Informamos que a aula virtual xa está funcionando. Os titores/as dos grupos proporcionarán ao alumnado o seu usuario e contrasinal para poder acceder ao material das diferentes materias.
A aula virtual do centro tamén se pode seguir dende teléfono móbil coa aplicación oficial MOODLE descargable en Play Store ou App Store de Apple.
Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños.
Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro, levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta.
Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida.
Unha aperta enorme!