Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
As listaxes definitivas publicaranse en setembro tras a realización das probas extraordinarias e a matriculación dos alumnos restantes (data prevista 14 de setembro). Aqueles alumnos que reciben 6 libros teñen concedida tamén a axuda de 50€ para adquisición de material didáctico. Se dispoñen de chave 365 ou certificado dixital poderase consultar en intenet a listaxe de adxudicación de libros e axudas de material, na aplicación Fondolibros. Senón sempre poden consultala na conserxería do centro. A listaxe de libros concretos que lle corresponden a cada alumno coñecerase en setembro cando se devolvan todos os libros prestados durante o verán e estea rematada a matrícula de setembro. En calquera caso, se xa dispoñen de algúns libros de texto poden deixar aviso na conserxería do centro e no reparto de setembro pocurarase telo en conta, pero advertimos que pola dificultade do proceso NON podemos garantir que se lle adxudiquen libros diferentes aos que xa teñen. A partir de mañá o alumnado a quen lle fose concedida a axuda de material didáctico poderá pasar polo centro a recoller os vales ata o 31 de xullo o durante os primeiros días de setembro. |