Eventos
Consulte aquí as rutas e paradas do transporte escolar durante o curso 2019-2020.
TÁBOA DE RUTAS E PARADAS 2019-2020
Poden consultar tamén as instruccións para o curso 2020-2021 sobre Transporte escolar, en concreto sobre petición de novas paradas ou do servizo para usuarios non lexítimos
INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR 20-21
Resulta importante sinalar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (bacharelato, ciclos medio e superior) que sexa autorizado a usar o servizo de transporte escolar nos vehículos contratados pola consellería farao de forma absolutamente gratuita.
Lembren tamén que no caso de solicitar modificación dos itinerarios ou novas paradas (só pode solicitalas o alumnado de ESO e FPB usuario lexítimo do servizo de transporte) con carácter xeral non se autorizarán desviacións ou novas paradas por distancias inferiores a 2 km, nin fóra da zona de influencia do centro.
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.
O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse en setembro tras a realización das probas extraordinarias e a matriculación dos alumnos restantes (data prevista 14 de setembro).
Aqueles alumnos que reciben 6 libros teñen concedida tamén a axuda de 50€ para adquisición de material didáctico. Se dispoñen de chave 365 ou certificado dixital poderase consultar en intenet a listaxe de adxudicación de libros e axudas de material, na aplicación Fondolibros. Senón sempre poden consultala na conserxería do centro.
A listaxe de libros concretos que lle corresponden a cada alumno coñecerase en setembro cando se devolvan todos os libros prestados durante o verán e estea rematada a matrícula de setembro. En calquera caso, se xa dispoñen de algúns libros de texto poden deixar aviso na conserxería do centro e no reparto de setembro pocurarase telo en conta, pero advertimos que pola dificultade do proceso NON podemos garantir que se lle adxudiquen libros diferentes aos que xa teñen.
A partir de mañá o alumnado a quen lle fose concedida a axuda de material didáctico poderá pasar polo centro a recoller os vales ata o 31 de xullo o durante os primeiros días de setembro.
Publícase o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro que terán lugar o día 1 e 2 de setembro
Consultar calendario exames setembro (arquivo PDF)
IMPORTANTE: O alumnado que levara libros do fondo solidario de libros de texto para preparar as materias durante o verán procederá a devolución dos mesmos os días 1 e 2 de setembro en conserxería, coincidindo coa asistencia aos exames das materias pendentes.
O ALUMNADO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCULA OS SEGUINTES DÍAS
- Alumnado que vai cursar
- 1º ESO - Venres 4 de setembro
- 2º ESO - Venres 4 de setembro
- 3º ESO - Venres 4 de setembro
- 4º ESO - Luns 7 de setembro
- 1º BAC - Luns 7 de setembro
- 2º BAC - Luns 7 de setembro
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato do curso 19/20. Para alumnado con nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. O prazo de presentación de solicitudes comenza o 23 de xullo e remata o 24 de agosto. Tedes toda a información na web da Consellería. CONSULTAR
Convocados os premios extraordinarios de ESO do curso 19/20 (20 premios dotados cun importe de 750€ cada un). Para alumnado con nota media no conxunto dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9. O prazo de presentación de solicitudes comenza o 27 de xullo e remata o 21 de agosto.
Tedes toda a información na web da Consellería. CONSULTAR