Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
18
| 19
| 20
Data20/05/2020 08:10
Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita O prazo de solicitude remata o 19 de xuño. Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano. Ligazón á información na web da Consellería IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432 | 21
| 22
all day
O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas: Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias. Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto Formulario precuberto de exemplo Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso. O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos. POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO: Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca
| 23
| 24
|