Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4
Data04/06/2018 19:00
| 5
all day
Máis comentarios alabando a publicación do libro "Xente e Terra de Barcala: letras da mocidade" coordinado dende os departamentos de Xeografía e Historia e Galego. Desta vez trátase do profesor e crítico literario Armando Requeixo, a quen agradecemos dea visibilidade a ese traballo colectivo, digno de admiración e eloxio.
all day
| 6
| 7
all day
Achegamos os modelos de impreso de solicitude de matrícula para o curso 2018/2019 onde se poden consultar as materias ofertadas e posibles itinerarios académicos. IMPRESOS | 8
all day
Temos a comunicación oficial dun novo premio, esta vez no programa “apuntámonos a non beber” dentro do Plan Proxecta. Gañamos xunto co centro “irmán”, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, doble alegría. Parabéns a 1º ESO B e a súa titora polo bo traballo!!! Aquí vos deixamos o traballo gañador, un excelente exemplo de contrapublicidade. IMAXE ORIXINAL IMAXE MODIFICADA Contrapublicidade: Bacardí Mojito Para esta campaña escollimos unha foto dun anuncio de ron da marca Bacardí, a bebida en cuestión chámase Bacardí Mojito. En primeiro lugar quixemos facer un xogo de palabras co nome da propia bebida e por iso cambiamos o nome de "mojito" por "ojito" decorando a palabra con dous ollos de lince ben abertos. Estes representan o vulnerables que podemos chegar a ser se non "andamos con ollo" e nos deixamos levar polo alcol. Por outra parte, chamounos a atención a beleza da protagonista do anuncio, unha muller xove e atractiva, cuns labios carnosos e unha lingua sensual. Substituimos a lingua sensual por unha serpe velenosa que simboliza os perigos do alcol. A serpe que escollimos é unha serpe bonita, pequena, non da medo, nin noxo, pero o veleno que leva dentro é tan destructivo coma a bebida alcólica que nos queren vender no cartaz. Por último, no anuncio orixinal poden verse os diferentes pasos para realizar un mojito. Nós cambiamos estes pasos por mensaxes estremecedoras sobre os efectos do alcol no organismo. | 9
| 10
|